REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA
Baixa no rexistro
A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
- Compartir
Son causa de baixa no rexistro, entre outras, as seguintes :
- Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se teña que formalizar a adxudicación.
- Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
- Ter renunciado á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:
- Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia.
- Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pagamento da vivenda.
- A superficie insuficiente da vivenda ou resultase inadecuada por causa de mobilidade segundo o artigo 47 da Lei 18/2008.
Documentos relacionados
- Solicitude de inscrición no Rexistro Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia (Formato PDF)
- Solicitude de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia
- Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia