- Inicio
- Áreas
- Axudas
- Rehabilitación
-
Programa Fogar Vivo
- Programa Fogar Vivo
- Rehabilitación enerxética en edificios existentes
- Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
- Accesibilidade
- Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
- Mellora da eficiencia enerxética en edificios
- Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
- Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
- Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
- Vivendas de titularidade municipal
- Infravivenda
- Reparación VPP
- Préstamos
- Fondo de cooperación - Rehabilitación
- Rehabilitación barrios
- Programa Rehaluga
-
Rehabilitación
- Programa Fogar Vivo
- Rehabilitación enerxética en edificios existentes
- Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
- Accesibilidade
- Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
- Mellora da eficiencia enerxética en edificios
- Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
- Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
- Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
- Vivendas de titularidade municipal
- Infravivenda
- Reparación VPP
- Préstamos
- Fondo de cooperación - Rehabilitación
- Rehabilitación barrios
- Programa Rehaluga
Axudas de rehabilitacion
PROGRAMA FOGAR VIVO (VI426F)
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Compartir
Obxecto
- O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufrutuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.
- O Programa desenvolverase a través das seguintes seccións:
a) Sección I, xestionada polo IGVS.
b) Sección II, xestionada a través de concellos que obteñan a condición de entidade colaboradora.
As vivendas poderán incorporarse a calquera das seccións, a excepción daquelas cuxa propiedade ou usufruto pertenza ás entidades de crédito e as súas filiais inmobiliarias, así como ás entidades de xestión de activos, incluídas as procedentes da reestruturación bancaria, que so poderán incorporalas ao Programa a través da sección II.
Axudas do Programa
O Programa establece as seguintes axudas:
a) Unha axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.
b) Unha axuda para a adecuación e reparación da vivenda.
c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.
Contía das Axudas
Non poderá superar o límite de 16.000 euros por vivenda, de acordo coa seguinte distribución:
a) Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar: de ata 3.000 euros.
b) Axudas para a adecuación e reparación das vivendas: en función do investimento realizado, terá os seguintes importes:
- Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80% do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.
- Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partires do investimento de 6.250 euros, ou a parte proporcional, en función do investimento realizado e dos gastos xustificados.
c) Axuda vinculada: 2.000 euros.
A quen vai dirixido?
a) As persoas físicas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas.
b) As persoas xurídicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, incluíndo as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación.
Requisitos:
Vivendas
a) Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.
c) Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.
d) Estar vinculada o Programa durante un período mínimo de cinco ou sete anos, en función de que a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou xurídica.
e) Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á presentación da solicitude da/s axuda/s. Poderá exceptuarse este requisito para as vivendas incorporadas na sección II, no caso de que por imperiosa necesidade de emerxencia social, segundo o informe do servizos municipais, a vivenda xa estivera adxudicada a/s persoa/s arrendataria/s.
f) Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.
Contratos
a) Que se sometan á lexislación de arrendamentos urbanos para uso de vivenda habitual e permanente durante todo o tempo do contrato.
b) Que a/s persoa/s arrendataria/s no teña/n vínculo de parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo coa persoa arrendadora. Este mesmo criterio aplicarase á relación entre a persoa/s arrendadora/s e a persoa/s arrendataria/s, cando a primeira sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios/as ou partícipes.
c) Ter unha renda mensual durante o primeiro ano de alugamento que non supere os importes que figuran no cadro anexo, en función do concello en que estea situada. Os importes se detallan no cadro que figura como documentación anexa
Vivendas xestionadas polos concellos colaboradores se exixe respecto das persoas arrendatarias:
a) Que as súas unidades de convivencia teñan uns ingresos comprendidos entre 0,7 e 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples e que a renda da vivenda que se vaia a arrendar non sexa superior ao trinta por cento dos ingresos da súa unidade de convivencia.
- Excepción: supostos nos que no expediente do concello relativo á contratación da vivenda quede acreditado que a unidade de convivencia da persoa arrendataria percibe uns ingresos que lles permitan facer fronte ás obrigas económicas que deriven do contrato de alugamento.
b) Atoparse nunha situación persoal e/ou familiar que, segundo o informe dos servizos sociais do concello, supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugamento.
Supostos nos que se pode solicitar a axuda
a) A axuda para seguros: poderá solicitarse se a vivenda conta cun contrato de alugamento formalizado en data posterior á publicación da correspondente convocatoria de axudas.
b) A axuda para a adecuación e reparación da vivenda poderá solicitarse nos seguintes supostos:
- Nas actuacións finalizadas na data da publicación da correspondente convocatoria de axudas será necesario que estean realizadas dentro do período previsto na resolución de convocatoria e que conten cun contrato de alugamento formalizado para a dita vivenda en data posterior ao da súa publicación.
- No caso de actuacións non iniciadas na data de publicación da correspondente convocatoria ou que se atopen en execución nesa data, será necesario que a axuda se solicite dentro dos prazos establecidos na correspondente resolución de convocatoria.
c) A axuda vinculada poderá solicitarse xunto coa axuda para a adecuación e reparación da vivenda ou con posterioridade, sempre que ou contrato de alugamento estea formalizado unha vez publicada a correspondente convocatoria.
Documentos relacionados
- RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual.
- EXTRACTO da Resolución do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual. EXTRACTO da Resolución do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual.
- Folleto informativo