
REHABILITACIÓN
Ari da Ribeira Sacra
- Compartir
A Ari da Ribeira Sacra foi declarada mediante resolución ditada o 21 de febreiro de 2020 pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e presidenta do IGVS. A Ribeira Sacra reúne os criterios para ser unha Ari supramunicipal, por ser un territorio continuo, con características históricas e culturais comúns con problemáticas da mesma índole, e cos ríos Miño e Sil como nexo de unión dos asentamentos de poboacións, que fai que se entenda este conxunto de espazos como un todo.
A delimitación da Ari comprende 25 concellos: Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo. Estes concellos teñen un total de 433 parroquias.
A Ribeira Sacra, trátase dun territorio moi singular, de grande valor ambiental e patrimonial, formado por un conxunto de espazos de gran identidade, tradición e evidencia de modos de vivir antigos, que está a sufrir un proceso de degradación física e social, que xustifican unha intervención pública.