REHABILITACIÓN
Ari dos Camiños de Santiago
- Compartir
Áreas de rehabilitación integral - ARI
A Área de Rehabilitación Integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia foi declarada o 17 de decembro de 2010, no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e ampliada o 12 de abril de 2019, mediante Acordo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan de vivenda 2018-2021, co obxecto de incluír no seu ámbito de aplicación dous novos camiños. O ámbito de actuación desta área afecta a 662 parroquias de 126 concellos dentro das catro provincias galegas, que comprende o trazado das nove rutas do Camiño en Galicia, que son as seguintes:
- Francés: desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela.
- Da Prata I e da Prata II: desde A Mezquita ou Verín ata Ourense e desde Ourense ata Santiago de Compostela, respectivamente
- Inglés: desde Ferrol ou A Coruña, xuntándonse en Mesía ata Santiago de Compostela
- Primitivo: desde A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés
- Norte: desde Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés
- Fisterra-Muxía: desde Snatiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
- Camiño Inglés: desde Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
- Portugués polo interior: desde Tui ata Santiago de Compostela
- Portugués pola costa: desde A Guarda ata Redondela onde conecta co Camiño Portugués polo interior-
- Camiño de Inverno: desde Carballeda de Valdeorras ata Lalín onde conecta co Camiño da Prata ou Sanabrés.
Non obstante o anterior, nas conexións coas cidades e vilas importantes o ámbito das actuacións limítase exclusivamente ás vivendas e edificios situados no trazado do camiño. Así mesmo, non poderán acollerse a este programa as actuacións de rehabilitación ou renovación realizadas en edificios e vivendas situados en parroquias de concellos que estean integradas nos ámbitos doutras Ari xa declaradas pola Xunta de Galicia.