- Inicio
- Áreas
- Vivenda
- Realoxos
-
Bono de Aluguer Social
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
-
Realoxos
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega

Programas de Bono de Alugueiro Social e de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias
BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL
- Compartir
A Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce medidas ás que poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.
As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
- Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
- As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
- Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
- Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
- Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.
- Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
- Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.
- Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento.
- Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
-
225 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
-
200 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
-
175 € no resto de concellos de Galicia
Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria, ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións,ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.
LÍMITE DE INGRESOS
Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán superar os límites máximos de ingresos que de seguido se indican:
Nº membros da unidade de convivencia | Límites máximos de ingresos |
1 | 751,96 € |
2 | 1.044,39 € |
3 | 1.174,94 € |
4 | 1.342,78 € |
5 ou máis | 1.566,58 € |
RENDA DAS VIVENDAS
A renda mensual máxima do contrato de alugamento das persoas beneficiarias do Bono de alugueiro social non pode superar os seguintes importes:
a) 450 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
b) 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
c) 350 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
PAGAMENTO
O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta bancaria da persoa arrendadora, logo de que a persoa inquilina xustifique que realizou o pago da parte da renda mensual que lle corresponde satisfacer (as persoas inquilinas comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un extracto ou comprobante bancario acreditativo do pagamento realizado).
SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes : dende o 4 de febreiro de 2020 ata o 11 de decembro de 2020, salvo que se esgote antes a partida orzamentaria.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Ligazóns relacionados
- Concesión directa axuda complementaria 2020. Bono alugueiro social
- Concesión directa axuda complementaria 2020. Bono alugueiro social vvx
- Sede electrónica: Procedemento VI482A. Bono alugueiro social
- Sede electrónica: Procedemento VI482B. Prórroga do Bono alugueiro social
- Información de interese para a presentación da solicitude por sede electrónica. Chave 365