Volver ao contido

Portal IGVS

Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
volver Volver
  • Vivenda
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda

Asesoramento e orentación xurídica en materia de vivenda

Escoitar
Wed Jan 22 11:00:00 CET 2025
  • Compartir

A Xunta de Galicia segue a colaborar co Consello da Avogacía Galega co fin de crear as canles de información necesarias para:

  • Procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda.
  • Posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións e,
  • Para a implantación do procedemento de solución de controversias que eviten litixios.

 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou un convenio co Consello da Avogacía Galega e como froito deste, ponse a disposición da cidadanía asesoramento e orientación gratuítos nas seguintes materias:

  • Aspectos referidos a trámites de carácter administrativo e xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria polo impago da renda de alugueiro ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.
  • Sobre a existencia do Programa de atención ás persoas en risco de desafiuzamento.
  • Ás persoas físicas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por intrusión non consentida en vivendas.

 

Os servizos de asesoramento atenderanse a través de:

  • Un formulario web. As consultas realizadas serán respondidas polo letrado/a de garda dentro das 24/48 horas seguintes ao envío da consulta.
  • O teléfono 900 121 221. O horario de atención será de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

A estes servizos engadeuselle en 2024, o servizo de intermediación en materia de desafiuzamento, de acordo coa Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda, entre grandes posuidores e persoas en risco de perder a súa vivenda, a través do seu Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe (INGALMAR) e os colexios da avogacía de Galicia, a través dos seus respectivos servizos de mediación.

No caso de precisar destes servizos de intermediación, deberán dirixirse ao sitio web https://avogacia.gal/servizo-intermediacion/ no que atoparán a forma de contacto e o formulario de iniciación do procedemento. Deberán identificarse con certificado electrónico.

Este convenio estará vixente ata o 31 de decembro do 2025.

O 29.12.2023 publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG, Núm. 246), que no seu artigo 9 introduce unha modificación da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia e engade unha nova disposición adicional vixesimoterceira á Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, coa seguinte redacción:

«Disposición adicional vixesimoterceira. Competencia para a emisión dos documentos acreditativos da concorrencia da vulnerabilidade económica previstos nos artigos 439, 655 bis e 685 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Corresponde aos concellos a competencia para a emisión dos documentos acreditativos da concorrencia ou non da vulnerabilidade económica previstos nos artigos 439, 655 bis e 685 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil».

Documentos relacionados

  • Guía informativa 2023

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal