Presentación: Inspeccións en VPP e VPA
- Compartir
A Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia regula na Comunidade Autónoma de Galicia a protección dos dereitos dos adquirentes ou usuarios en materia de vivenda protexida.
Nela configurase a inspección como a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de vivenda teñen que realizar coa finalidade de comprobar que as actuacións dos particulares se axustan á legalidade, previo ao exercicio da súa potestade sancionadora.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo manifesta o seu firme propósito de erradicar completamente o fraude na vivenda protexida. É un importante avance neste ámbito, o aumento dos esforzos para concienciar á cidadanía da importancia da función social do parque de vivenda protexida e para detectar e sancionar o fraude, esforzos que teñen por obxecto a medio prazo a completa erradicación desta lacra.
A inspección para verificar o cumprimento da normativa no uso e transmisión das vivendas con protección pública ou libres de promoción privada; ou as relativas a non pagamentos de morosos e propoñer o que proceda en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas; en virtude do Decreto 506/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, quedaron atribuídas á dirección técnica de xestión patrimonial, a través do seu servizo de inspección.
A actuación dos inspectores segundo a Lei 30/92 de 26 de novembro de Réximen Xurídico das Administracións Públicas, pode iniciarse:
-
De oficio
-
iniciativa propia
-
órgano competente
-
orden superior
-
petición razoada doutros órganos
-
-
A solicitude de persoa interesada: Se vostede sabe dalgunha situación que pensa podería constituír unha infracción en materia de vivenda e debería sancionarse e desexa denuncialo, pode facelo utilizando o modelo que se xunta.
Documentos relacionados
- Modelo de denuncia de infracción en materia de vivenda (Formato PDF)
- Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia
- Orde de 11 de decembro de 2008 pola que se aproba o Plan Director 2009-2010 de Inspeccion Autonomica de Galicia en materia de vivenda
- Resolucion do 11 de decembro de 2008 pola que se regula a tarxeta acreditativa do persoal da inspeccion da Conselleria de Vivenda e Solo