Volver ao contido

Portal IGVS

Funcións e competencias

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Inspección
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Funcións e competencias
    • Funcións e competencias
    • Infraccións
    • Sancións
volver Volver
  • Inspección
    • Funcións e competencias
    • Infraccións
    • Sancións

Funcións e competencias da Inspección

Escoitar
Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
  • Compartir

Corresponde á inspección de vivenda o exercicio das seguintes funcións:

  1. A investigación e comprobación do cumprimento da Lei de vivenda, as súas disposicións de desenvolvemento e, en xeral, da normativa sobre vivenda protexida que resulte aplicable na Comunidade Autónoma de Galiza, practicando cantas medidas sexan necesarias a tal fin.

  2. A proposta de adopción de medidas provisionais e definitivas para asegurar o cumprimento da lexislación vixente, incluídas as de protección e restauración da legalidade. 

  3. A proposta de incoación de expedientes sancionadores e medidas de protección e restablecemento da legalidade que procedan de acordo coa lexislación vixente.

Facultades 

Os inspectores e inspectoras de vivenda teñen a condición de axentes da autoridade, poden solicitar o apoio necesario de calquera outra autoridade no seu correspondente ámbito competencial, concretamente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, especialmente da Policía Autonómica e das Policías Locais e están autorizados para entrar e permanecer libremente e en calquera momento en inmobles, construcións e demais lugares suxeitos a súa actuación inspectora, respectando, en todo caso, os dereitos á intimidade persoal e familiar e á inviolabilidade do domicilio dos interesados ou interesadas. Os inspectores e inspectoras de vivenda deberán acreditar en todo caso a súa condición coa correspondente credencial.

Cando para o exercicio desas funcións inspectoras fora precisa a entrada nun domicilio, solicitarase a oportuna autorización xudicial salvo consentimento do afectado ou afectada. Cando sexa precisa a autorización xudicial, na solicitude de autorización deberase identificar da forma máis precisa posible o local ou recinto que se pretenda inspeccionar, xustificando os indicios que fagan sospeitar da comisión dunha infracción administrativa e identificando ao funcionario ou funcionaria que dirixirá a inspección, así como o número de persoas que deban acompañarlle. Unha vez realizada a inspección, levantarase acta das actuacións realizadas e elevarase copia auténtica ao órgano xudicial que teña outorgado a autorización da entrada.

Os inspectores e inspectoras de vivenda poderán recabar a exhibición da documentación relevante que obre en poder do interesado ou interesada ou de calquera organismo público ou privado para o adecuado exercicio da función inspectora. Os/as titulares, representantes legais ou encargados das fincas, construcións e demais lugares suxeitos á actividade inspectora están obrigados a facilitar aos inspectores e inspectoras de vivenda o exame das dependencias e a análise de calquera documento relativo á acción inspectora.

Credencial do persoal da inspección 

 

A tarxeta de identificación é un documento público, persoal e intransferible, que acreditará os inspectores e inspectoras no exercicio das funcións que legalmente teñen encomendadas.

Protocolos de actuación  

Con carácter xeral, na actividade inspectora seguirase o seguinte protocolo de actuación:

  •  Inicio do expediente de inspección, de oficio, por denuncia ou a instancia doutras unidades da administración autonómica.

  • Unha vez acordado o inicio do expediente, realizarase unha visita de inspección da que se estenderá a oportuna acta, e de non detectarse irregularidade algunha, procederase ao arquivo do expediente.

  • No suposto de que se apreciasen indicios de irregularidades ou houbese negativa por parte dos ocupantes das vivendas a identificarse, ou mediase calquera actuación que poda ser calificada como de obstrución á actividade inspectora, deberá deixarse constancia deste feito na correspondente acta e posteriormente procederase a dar audiencia ao interesado ou interesada, por calquera medio que acredite que se recibiu a documentación, e comunicaráselle ademais da data de comparecencia, a documentación que debe presentar, advertíndolle que de non facelo, darase traslado do expediente á Delegación Provincial a efectos da incoación do expediente sancionador o de se-lo caso, proceder ao desaloxo da vivenda.

  • Trala audiencia, examinarase as alegacións que se formulen e canta documentación se presente e estenderase acta, procedendo ben ao arquivo do expediente, se así se estima oportuno, ou ben ou ao seu traslado á Delegación provincial correspondente para a incoación do oportuno expediente.

  • No suposto de que a inspección tivese coñecemento de situacións de ocupación ilegal pola vía de feito, porá os feitos en coñecemento da autoridade policial.

Documentos relacionados

  • Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia (Formato PDF)

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal