Volver ao contido

Portal IGVS

Bono Aluguer Mocidade - Vivenda

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Aluguer
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas
volver Volver
  • Alugueiro de vivenda
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas

Programa bono alugueiro mocidade (VI482E)

Escoitar

Este programa de axudas está previsto no Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, regulado no Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro e ten por obxecto facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.

Thu Feb 20 00:05:00 CET 2025
  • Compartir

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

  1. Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
  2. Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.
  3. Ser titular ou estar en condicións de subscribir, un contrato de alugamento de vivenda ou habitación ou un contrato de cesión de uso nos termos previstos na Resolución pola que se establecen as bases reguladores e a convocatoria.
  4. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos. Entenderase que teñen fonte regular de ingresos:
    • Os traballadores por conta propia ou allea.
    • O persoal investigador en formación.
    • As persoas perceptoras dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial.

Cando acrediten unha vida laboral de:

      • Polo menos, tres meses de antigüidade, nos seis meses inmediatamente anteriores ao momento da solicitude.
      • Ou unha duración prevista da fonte de ingresos de, polo menos, seis meses, contados desde o día da súa solicitude.

No caso de dispoñer de máis dunha fonte regular de ingresos, as rendas computables será a suma das rendas derivadas das ditas fontes.

e) Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou a arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

Non obstante, só se terán en conta as rendas anuais da persoa solicitante nos supostos de:

      • Alugamento de habitación.

      • E cando na vivenda convivan, ademais da persoa solicitante, outra/s persoas e concorran os requisitos previstos nas bases reguladoras.

f) Estar empadroado na vivenda arrendada ou cedida no momento da solicitude, no caso de ter contrato.

 

IMPORTANTE:

Esta circunstancia acreditarase mediante a o certificado ou volante de empadroamento COLECTIVO, no que conste a da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual e permanente na vivenda obxecto de alugamento ou cesión ou na que se localice a habitación obxecto de alugamento ou cesión.

Recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude.

No caso de que na vivenda resida unicamente a persoa solicitante, o certificado deberá facer constar expresamente esta circunstancia, non sendo válidos os certificados de empadroamento individuais.

 

g) As persoas que conviven na vivenda non poden :

      • Ser propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en España, agás as excepcións previstas nas bases reguladoras.

      • Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora ou cedente da vivenda.

      • Ser socias ou partícipes da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora ou cedente.

 

Contía e duración das axudas

Se concederá ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.

A axuda terá unha duración de 2 anos e, en ningún caso, poderán concederse axudas con posterioridade ao 31 de decembro de 2026.

As axudas poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2025 aínda que a data de recoñecemento fora posterior, sempre que o correspondente contrato de arrendamento ou de cesión de uso estivese vixente nesa data.

 

Suposto de pisos compartidos

Cando na mesma vivenda convivan dous ou máis persoas mozas, cada unha delas poderá solicitar a axuda se cumpre todos os requisitos sinalados anteriormente.

Computarase as rendas do solicitante individualmente se concorren os seguintes requisitos:

      • Que no momento de solicitar a axuda, ningunha das persoas que conviva na vivenda teña entre si parentesco en primeiro grao de consanguinidade ou ben todas elas teñan unha idade non superior a 35 anos.

      • Que todas elas subscriban o contrato de alugamento.

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 28/02/2025 e remata o 28/03/2025.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia
+

Ligazón a sede electrónica

Normativas relacionadas

Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.
RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2022 (código de procedemento VI482E).
RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2025 pola que se modifican os importes da renda ou prezo de cesión previstos na Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2022 (código de procedemento VI482E).
RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E).

Documentos relacionados

  • Preguntas mais frecuentes
  • Cadro resumo sobre a axuda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal