Expropiacións
Wed Feb 06 02:59:00 CET 2013
- Compartir
En virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo , este organismo goza de postestade expropiatoaria, actuado como Administración expropiante en beneficio do citado organismo ou para outras entidades públicas que se dediquen a actuacións de solo empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os proxectos de expropiación deben ser sometidos a información pública para que aquelas persoas que poida resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Documentos relacionados
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2024 pola que se somete a información pública a aprobación inicial do Proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a reposición do colector exterior de augas residuais dos proxectos de urbanización do Plan Parcial de Navia, Vigo.
- Documentos do proxecto aprobado inicialmente. Proxecto de expropiación para a reposición do colector en San Paio de Navia. Ayuntamiento de Vigo.
- Resolución do 29 de abril de 2016 pola que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e a súa correspondente captación para a plataforma loxística industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan).
- Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución da estación de tratamento de augas potables (ETAP) e a súa correspondente captación para a plataforma loxística - industrial Salvaterra do Miño - As Neves (PLISAN)