Volver ao contido

Portal IGVS

Plisan-2021

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Solo empresarial
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Venda de solo empresarial do IGVS
    • Plans e proxectos de solo empresarial
    • Adquisición de solo empresarial polo IGVS
    • Venda de solo empresarial do IGVS
  • Venda de parcelas da PLISAN
    • Parques Bonificados
    • Venda de parcelas
    • Venda de parcelas da PLISAN
    • Resolucións Adxuicacións
  • Plisan-2021
    • Plisan-2021
volver Volver
  • Venda de solo empresarial do IGVS
    • Parques Bonificados
    • Venda de parcelas
    • Venda de parcelas da PLISAN
      • Plisan-2021
    • Resolucións Adxuicacións

Solo Empresarial

Venda parcelas da PLISAN

Escoitar

ADXUDICACIÓN DIRECTA DE PARCELAS DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA-AS NEVES (PLISAN)

Wed Jan 26 12:09:00 CET 2022
  • Compartir

RESOLUCIÓN POLA QUE SE ACORDA ABRIR O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DIRECTA E FIXAR AS SÚAS CONDICIÓN DE COMPRAVENDA E/OU CONSTITUCIÓN DO DEREITO DE SUPERFICIE EN PARCELAS RESULTANTES DO PROXECTO DE PARCELACIÓN DA ZONA DENOMINADA ÁREA LOXÍSTICA EMPRESARIAL DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA DE MIÑO-AS NEVES (EXPEDIENTE: PLISAN 2021/COMPRAVENDA(2)-LE).

    1. Número de parcelas incluídas na adxudicación direcdta: 38
    2. Superficie total de parcelas: 276.070,33 metros cadrados
    3. A superficie das parcelas oscila entre 2.104,26 e 21.111,72 metros cadrados:

Prezo:

  1. 53,21 euros por metro cadrado nas parcelas de máis de 20.000 metros cadrados de superficie)
  2. 71,71 euros por metro cadrado no resto de parcelas

Dereito de superficie:

Poderán adxudicarse parcelas en dereito de superficie: o canon que hai que satisfacer calcularase conforme as seguintes regras:

  • Nos dous primeiros anos, ao 1,5% do prezo da parcela
  • Nos dous seguintes anos, ao 2,5% do prezo de parcela actualizado
  • Para os seguintes anos, ao 3,5% do prezo de parcela actualizado

No segundo ano e seguintes o canon calcularase sobre o prezo da parcela actualizado conforme o Índice de Garantía de Competitividade.

A adxudicación en dereito de superficie realizarase por 30 anos, con posibilidade de prórrogas de 10 anos ata un máximo de 30 anos.

Durante a vixencia do seu dereito, o superficiario poderá adquirir a propiedade da parcela. Para estes efectos, o prezo de venda desta será o seguinte:

  • Nos cinco primeiros anos, o prezo de remate polo que se lle adxudicase o dereito de superficie.
  • Nos anos seguintes, o importe sobre o que se estea a calcular o canon no momento no que se comunique ás entidades promotoras a vontade de exercer o dereito de adquisición da parcela.

Se a adquisición se realizase durante os dez primeiros anos de vixencia do dereito de superficie, descontarase do prezo de venda o 40% das cantidades satisfeitas ata ese momento en concepto de canon.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes para o procedemento de adxudicación directa estará aberto dende a publicación da presente resolución na páxina web do IGVS ata ás 14:00 horas do día 30 de abril de 2022.

Forma de presentación das solicitudes e lugar

Empregarase o modelo establecido no Anexo II da citada resolución.

Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Ditas solicitudes deberán ir dirixidas á Dirección Xeral do IGVS.

 Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Aqueles suxeitos non obrigadas á relacionarse electronicamente coas Administracións pública poderán presentar a solicitude en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, dirixida á Dirección Xeral do IGVS (sita na Area Central, s/n. -Polígono das Fontiñas-, C.P. 15781, Santiago de Compostela).

Garantía:

 Para participar neste procedemento requirirase constituír previamente unha garantía do 5% do prezo da parcela, excluído o IVE, con independencia da modalidade elixida.

Documentación complementaria:

  • Documentación acreditativa da súa personalidade xurídica e capacidade de obrar.
  • No seu caso, documentación acreditativa de quen asume a representación.
  • Declaración responsable (Anexo III).
  • Documento acreditativo de ter constituída a correspondente garantía.
  • Certificación da conta bancaria á nome da persoa solicitante.
  • Memoria sobre o proxecto empresarial que a persoa solicitante pretende implantar na/s parcela/s

 

Documentos relacionados

  • RESOLUCIÓN POLA QUE SE ACORDA ABRIR O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DIRECTA E FIXAR AS SÚAS CONDICIÓN DE COMPRAVENDA E/OU CONSTITUCIÓN DO DEREITO DE SUPERFICIE EN PARCELAS RESULTANTES DO PROXECTO DE PARCELACIÓN DA ZONA DENOMINADA ÁREA LOXÍSTICA EMPRESARIAL DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA DE MIÑO-AS NEVES (EXPEDIENTE: PLISAN 2021/COMPRAVENDA(2)-LE).
  • Plano venda parcelas LE actualizado 14/01/2022
  • ANEXO II - Modelo de solicitude
  • ANEXO III - Modelo de declaración responsable
  • Documento refundido normativa do proxecto sectorial
  • Condicións suministro eléctrico
  • Consdicións suministro servizos a usuarios
  • Ordenanza vertidos
  • Plano parcelario PLISAN LE

Ligazóns relacionados

  • RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021 pola que se anuncia a poxa pública para a compravenda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (expediente PLISAN 2021/compravenda-(2)-LE).

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal