Volver ao contido

Portal IGVS

Rehabilitación edificatoria

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Rehabilitación edificatoria
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
volver Volver
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade

Rehabilitación

AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS DE VIVENDAS

Escoitar
Mon Nov 17 16:14:00 CET 2008
  • Compartir

Este programa de axudas está previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, e ten por obxecto financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas ao abeiro do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa para esta convocatoria:

  1. As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
  2. As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  3. As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
  4. As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

Requisitos das actuacións:

  • As actuacións subvencionables só poden realizarse en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios. Un edificio de tipoloxía residencial colectiva é o edificio composto por máis dunha vivenda, cuxo uso predominante sexa o residencial e onde cada vivenda conte coa correspondente referencia catastral.
  • Os edificios ou vivendas deben estar finalizados antes do 01/01/1996.
  • No caso de vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, estas deben constituír o domicilio habitual e permanente á data da solicitude, da persoa propietaria, ou, de ser o caso, da persoa inquilina ou moradora. Esta circunstancia acreditarase co correspondente certificado de empadroamento.
  • No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva:
    • Polo menos o 70% de superficie sobre rasante debe ter uso residencial (excluída planta baixa e inferiores).
    • Polo menos o 50% das vivendas do edificio deben constituír o domicilio habitual á data da solicitude, das persoas propietarias, ou, de ser o caso, das persoas inquilinas ou moradoras.

Actuacións subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables para o fomento da conservación as seguintes actuacións:

  • As relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalación.
  • As relativas ao estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluídos procesos de desamiantado.
  • As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente exixidas.

Consideraranse subvencionables, para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade, as seguintes actuacións:

  • A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluídos os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente.
  • A instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
  • A instalación de elementos de información ou de aviso, tales como sinais luminosos ou sonoros, que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas.
  • A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como vídeo porteiros e análogos.
  • A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
  • Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do CTE no referido á vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas.
  • Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do CTE, de seguridade de utilización e accesibilidade (DB-SUA).


Contía das axudas

O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:

  • 40% da inversión en cada vivenda.
  • 75% da inversión en cada vivenda, sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na vivenda e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
  • 75% da inversión en cada vivenda, se na vivenda reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.

A contía das axudas terá os seguintes importes unitarios por vivenda: 
 

 

LIÑA B

CONSERVACIÓN
  • 3.000€ por vivenda + 30€ m2/local comercial
SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN)
  • Xeral: 8.000€ por vivenda + 80€ m2/local
  • Persoa con discapacidade: 14.000€
  • Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a 65%: 17.000€

(*) Estas contías increméntanse en 1.000€ por vivenda e 10€ m2/local se o edificio é BIC.
(*) Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes, incrementaranse un 25% máis nas axudas unitarias.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de abril de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

Axudas para a rehabilitación

Normativas relacionadas

Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).
Resolución do 18 de outubro de 2019 pola que se modifica a resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).
Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (códigos de procedemento VI422E, VI408H, VI408N, VI422F e VI406A).

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal