Volver ao contido

Portal IGVS

Préstamos para a rehabilitación

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Préstamos para a rehabilitación
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
volver Volver
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
      • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade

REHABILITACIÓN

Programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de vivendas e edificios

Escoitar

Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2020). As citadas bases foron modificadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 3 de febreiro).

Tue Feb 08 14:59:00 CET 2022
  • Compartir
Obxecto

A concesión de axudas financeiras para a rehabilitación de edificios e vivendas, que poderán consistir en:

  1. Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
  2. Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
Tipos de inmuebles: Vivendas, edificios e locais comerciais para a súa conversión en vivenda.
Obras de rehabilitación financiables
  • Non poden estar iniciadas no momento de presentación da solicitude.
  • Deben contar con licenza ou comunicación previa.
  • Deben estar incluídas no anexo II da Orde do 20/12/2019, modificadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 3 de febreiro). :
  • Obras de adecuación estrutural e construtiva, de adecuación das condicións de habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.
  • Obras de adecuación dos edificios ou das vivendas e os seus accesos á normativa vixente sobre accesibilidade.
  • Obras de adecuación do acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios da boa construción.
  • Obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas, non se remataron no momento da construción do edificio (neste suposto deberá xustificarse que a vivenda ten una antigüidade mínima de 10 anos e que foi habitada durante un mínimo de 5 anos).
  • Obras de ampliación de vivenda e elementos comúns.
 Solicitantes

Persoas propietarias ou posuidoras de inmobles

  • Posuidores: con título e contando coa autorización da persoa propietaria.
  • Tamén poden solicitalo para financiar a súa participación nunha obra promovida por unha CP (neste caso, o importe se calcula en función da súa porcentaxe de participación).

Comunidades de persoas propietarias

  • Só teñen dereito ao préstamo, non á subsidiación de xuros.
  • Non se teñen en conta os ingresos dos membros da CP, unicamente se comproba que a CP está ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa AEAT, SS e ATRIGA.

Requisitos para acceder ao préstamo

  • Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o IPREM. Esta limitación non se aplicará aos supostos de préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios/as

Requisitos para acceder á subsidicación

  • Os ingresos da unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM
Préstamos cualificados

Bancos participantes

  • Préstamo a particulares: Abanca, CaixaBank, Caja Rural, Banco de Sabadell
  • Préstamo a CP: Deutsche Bank, Caja Rural e Abanca

Condicións préstamo persoal

  • Importe máximo: o menor dos seguintes importes: Custo total da obra, co límite do orzamento protexible ou 30.000 €.
  • Tipo de xuro fixo: 5,25 %.
  • Tipo de xuro variable: Inicial (12 meses): 5,25 %. Resto: euribor a 1 ano + 4 %.
  • Prazo máximo 8 anos.
  • Sen comisións.

Condicións préstamo hipotecario

  • Importe máximo: o menor dos seguintes importes: Custo total da obra, co límite do orzamento protexible ou 60.000 €.
  • Tipo de xuro fixo: 1,90 %.
  • Tipo de xuro variable: Inicial (24 meses): 1,75 %. Resto: euribor a 1 ano + 1,25 %.
  • Sen comisións (agás por subrogación externa, que será do 0,50 %; mínimo 300 €).
  • Prazo máximo: 15 anos.

Condicións préstamo a CP

  • Tipo de préstamo: con garantía persoal.
  • Importe máximo: o menor dos seguintes importes: Custo total da obra, co límite do orzamento protexible. 20.000 € por vivenda integrante da comunidade de propietarios/as.
  • Tipo de xuro fixo: 5%.
  • Tipo de xuro variable: euribor + 4%
  • Sen comisións.
  • Prazo máximo: 10 anos.
  • Prazo de carencia de capital: dous anos.

Axudas de subsidiacións dos xuros dos préstamos

Importe e duración

  • Ingresos da unidade de convivencia menores ou iguales a 4 veces IPREM: 100% dos xuros durante 48 meses.
  • Ingresos da unidade de convivencia maiores de 4 e menores de 5,5 veces IPREM: 80% dos xuros durante 36 meses.

 

 
Acordos de colaboración coas entidades de crédito

Poderán colaborar no desenvolvemento deste programa as entidades de crédito que soliciten a sinatura do convenio que se incorpora como anexo I da orde. A formalización destes convenios de colaboración permitirá:

  • Garantir unha oferta suficiente de préstamos cualificados (sempre de acordo coas garantías de solvencia das entidades e da demanda destes préstamos por parte dos particulares)
  • Posibilitar a xestión do pagamento da subsidiación, que posteriormente se liquidará periodicamente ao IGVS
  • Actualmente as entidades bancarias que teñen asinado o convenio de colaboracion co IGVS, para o desenvolvemento deste programa son, Abanca, Caixabank, Caixa Rural e Banco Sabadell. No caso de comunidades de propietarios, ademáis das anteriores entidades, tamen colabora o Deutsche Bank.

 

Préstamos cualificados

 Procedemento

  • Para acceder aos préstamos do programa, as persoas promotoras das actuacións de rehabilitación, deberán ter previamente una resolución emitida polo IGVS.
  • Xunto coa resolución de acceso ao préstamo cualificado, as persoas promotoras presentarán ante a entidade a documentación que esta considere necesaria, especialmente en canto ao establecemento das garantías.
  • A formalización do préstamo deberá realizarse no prazao de tres meses contados desde a notificación da resolución do IGVS.
  • As entidades deberán notificar ao IGVS a data de formalización dos préstamos, así como a contía e data das disposicións ata o seu total desembolso.

 

Características dos préstamos

 Os préstamos convidos terán as seguintes características mínimas:

  • Contía do crédito: O menor dos seguintes importes:
    • Custe total da obra co límite do orzamento protexible
    • 30.000 € (préstamos persoais) o 60.000 € (hipotecarios) ou 20.000 € por vivenda integrante da comunidade no caso de préstamos solicitados por comunidades de propietarios.
  • Prazo de amortización: Entre 6 meses e 15 anos.
  • Garantías: garantía hipotecaria ou garantía persoal.
  • Período de carencia: Poderá establecerse un período de carencia inicial do capital ata 2 anos.
  • No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
  • Sen comisións

Orzamento Protexible

O importe máximo que se solicite poderá incluír o custe da rehabilitación/obra que se vai realizar e os seguintes custes, sempre que estean debidamente xustificados:

  • Honorarios dos profesionais que interveñan no proxecto da obra e/ou na súa execución.
  • Informes técnicos.

Non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos nin os gastos de taxación, os notariais e os rexistrais.

 Subsidiacións

A porcentaxe da subsidiación dos xuros do préstamo e a súa duración dependerá do nivel de ingresos da unidade de convivencia da persoa prestataria, de acordo co establecido no seguinte cadro:

IPREM

Subsidiación máxima

Duración máxima

Menor ou igual a 4

100% dos xuros

48 meses

Maior de 4 e menor de 5,5

80% dos xuros

36 meses

Maior de 5,5 e menor de 6,5

Sen subsidiación

Duración do préstamo

 

No suposto de préstamos solicitados por persoas físicas para financiar a súa participación en actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias, as subsidiacións dos préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras e dos ingresos da unidade de convivencia, sempre que se cumpran os demais requisitos previstos nas bases reguladoras. No suposto de que simultaneamente coas obras de elementos comúns se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subsidiación total que lle corresponderá a cada vivenda non poderá exceder as porcentaxes máximas establecidas no cadro anterior.
Os préstamos formalizados directamente polas comunidades de propietarios/as non serán obxecto desta axuda de subsidiación.
A contía anual da subsidiación será descontada previamente pola entidade financeira das cotas que corresponderían en concepto de amortización de capital e xuros cando proceda, na parte rateada que corresponda a cada vencemento. 

Normativas relacionadas

Bases Reguladoras: Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2020).
ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B).
RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).
EXTRACTO da Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B)

Documentos relacionados

  • Modelo de convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as entidades de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas
  • Resumo de axudas

Ligazóns relacionados

  • Sede electrónica-Solicitudes-VI406B

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal