Volver ao contido

Portal IGVS

Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Mellora da eficiencia enerxética
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
  • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
volver Volver
  • Mellora eficiencia enerxética
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Rehabilitación

REHABILITACIÓN -AXUDAS Á ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO

Escoitar

Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU

Thu May 26 00:01:00 CEST 2022
  • Compartir

Axudas ás actuacións á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU (VI406G)

Estas axudas teñen por obxecto o impulso á implantación e xeneralización do Libro de edificio existente para a rehabilitación, mediante unha subvención que cubra parte dos gastos de honorarios profesionais pola súa emisión, así como o desenvolvemento de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios de acordo cos límites establecidos, co propósito de activar a demanda dunha rehabilitación enerxética significativa e de alta calidade nos edificios.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  1. As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.
  2. As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
  3. As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
  4. As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme ao disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

Requisitos das actuacións subvencionables

Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

  1. A emisión do Libro do edificio existente para a rehabilitación (Liña A).
  2. A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (Liña B).

 

Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar rematados antes do ano 2000.
  2. Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

Estes dous requisitos poderanse acreditar mediante escritura, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

Nos proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios, a actuación proposta debe cumprir os requisitos establecidos no artigo 33 do Real decreto 7 853/2021, do 5 de outubro, para poder ser considerada como actuación subvencionable dentro do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio.

Contía das axudas

 

  1. A contía máxima da subvención para o Libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:
  1. No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.
  2. No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

Se non se dispón do Informe de Avaliación do Edificio ou documento análogo, a axuda poderá incrementarse ata nun 50 %.

  1. No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:
  1. No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.
  2. No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2022.

Normativas relacionadas

Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G)
EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G)

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda

Ligazóns relacionados

  • Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)
  • EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal