Rehabilitación
ACTUACIONS PROPIAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS DE VIVENDAS
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)
07/04/2021
- Compartir
SUBVENCIÓN | Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE) | ||||||||||
CÓDIGO PROCEDEMENTO | VI406C | ||||||||||
PUBLICACIÓN | DOG núm. 225, do 06/11/2020. Resolución do 4 de novembro de 2020, pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes , con carácter plurianual (código de procedemento VI406C) | ||||||||||
BASES REGULADORAS | BOE núm. 212, do 6/08/2020. Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás Comunidades Autónomas e Cidades de Ceuta e Melilla. | ||||||||||
OBXECTO | Contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables. | ||||||||||
PROCEDEMENTO | Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude. | ||||||||||
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES | DENDE O 02/01/2021 ATA O 31/07/2021. | ||||||||||
TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS | Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica. | ||||||||||
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria | 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica | ||||||||||
2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica | |||||||||||
2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas | |||||||||||
2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 | |||||||||||
2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas | |||||||||||
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación | |||||||||||
OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE | Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva. Opción B – Actuacións nunha ou varias vivendas ou locais do edificio, consideradas individualmente ou sobre partes dun edificio | ||||||||||
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS | So se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, non considerándose subvencionable ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 7 de agosto de 2020. | ||||||||||
REQUISITOS | - Non serán elixibles aquelas actuacións que non consigan e xustifiquen unha redución do consumo de enerxía final dun 10 % con respecto á súa situación de partida e que non melloren a cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m 2 ano), con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A e se propoñan medidas de mellora. Esta mellora da súa cualificación enerxética poderá obterse mediante a realización dunha tipoloxía de actuación, dunha combinación de varias ou mediante a realización de medidas parciais dunha ou de varias actuacións diferentes. - Ademais deberán cumprirse os seguintes requisitos: a) Que o edificio fora construído con anterioridade a 2007. b) Que polo menos un 70% da superficie construída sobre rasante do edificio debe estar destinada a uso residencial. | ||||||||||
PRAZO DE EXECUCIÓN | O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses, a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses. | ||||||||||
SOLICITANTES | a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios. b) As comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non houberan outorgado o título constitutivo de Propiedade Horizontal. | ||||||||||
CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DA INVERSIÓN | TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS | AXUDA BASE | AXUDA ADICIONAL | ||||||||
Opción A | Opción B | % adicional criterios sociais (*) | % adicional: eficiencia enerxética | % adicional actuación integrada | |||||||
Cualificación final A | Cualificación final B | Incremento de 2 ou mais letras | |||||||||
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica | |||||||||||
Tipoloxía 1 . Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica | 35% Máximo 6.000 € vivenda | 25% Máximo 6.000 € vivenda | 15 | 15 | 10 | 5 | 20 | ||||
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas Subtipoloxías | |||||||||||
Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica | 35% | 25% | 10 | 10 | 5 | 0 | 15 | ||||
Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica | 10 | 0 | 0 | 0 | 15 | ||||||
Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas | 10 | 0 | 0 | 0 | 10 | ||||||
Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3 | 0 | 10 | 5 | 0 | 0 | ||||||
Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas | 0 | 10 | 5 | 0 | 0 | ||||||
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación | |||||||||||
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación | 15 | 15 | 0 | 10 | 5 | 0 | 0 | ||||
Nota | (*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais só contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública. | ||||||||||
Cálculo da contía da axuda | Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía da actuación, que debe sinalarse no anexo I de solicitude, pode consultarse o seguinte enlace http://pree-calculo.idae.es/ | ||||||||||
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE |
| ||||||||||
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES | Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes. | ||||||||||
INFORMACIÓN |
| ||||||||||
CONSULTAS | programapree.igvs@xunta.gal ............... cuestións administrativas calidade.igvs@xunta.gal..........................cuestións técnicas |