Volver ao contido

Portal IGVS

Axudas para vivendas de promoción pública

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
volver Volver
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade

Reparación VPP

Rehabilitación de vivenda pública en Galicia

Escoitar
altavoz readspeaker

Axudas ás comunidades de persoas propietarias para reparación, rehabilitación e/ou adaptación de edificios de vivendas de protección pública (código procedemento VI420A)

 

10/02/2023
  • Compartir

O Instituto Galego da Vivenda e Solo é o organismo autónomo encargado da realización das políticas de vivenda e solo na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación. Dentro das súas funcións está a de garantir os dereitos a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores da poboación con menos capacidade económica.

Co ánimo de impulsar e seguir apoiando os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para a adecuación dos seus edificios aos requisitos de seguridade, habitabilidade, accesibilidade e funcionalidade e de acordo co marco normativo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presidenta do citado organismo dita as resolucións polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e se abren convocatorias anuais.

Quen pode solicitar esta axuda?

As comunidades de propietarios de edificios de vivendas de protección pública promovidas polo IGVS con mais de 10 anos de antigüidade e nos que o dito réxime extinguirase nos tres anos anteriores a data de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda previsto na convocatoria.

Que actuacións se subvencionan?

As destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:

  1. Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.
  2. Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.
  3. Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.
  4. Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

Cal é o importe da axuda?

O 60% dos custes necesarios para a realización das obras subvencionables, dos honorarios facultativos e das taxas de licencia (IVE incluído) e ata un máximo de 6.000 euros por vivenda.

Como se pode presentar a solicitude?

A través de SEDE electrónica da xunta (procedemento VI420A), xuntando cos Anexos a documentación correspondente.

Documentación que se debe aportar coa solicitude:

  • Certificado do secretario da comunidade no que conste o acordo das obras e o nomeamento da persoa representante
  • Memoria descritiva das actuacións
  • Orzamento das obras
  • Fotografías das zonas a reparar

Convocatoria 2023:

En espera da publicación

Normativas relacionadas

ORDE do 20 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como dos transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, e se abre a súa convocatoria para o ano 2016.
Resumo da orde do 20 de abril de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a edificios de vivendas protexidas de promoción pública.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal