Volver ao contido

Portal IGVS

Programa Rexurbe

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Actuacións IGVS
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Programa Rexurbe
    • Núcleos rurais en abandono
    • Programa Rexurbe
volver Volver
  • Actuacións IGVS
    • Núcleos rurais en abandono
    • Programa Rexurbe

OFERTA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE INMOBLES NOS NÚCLEOS HISTÓRICOS DA CORUÑA, FERROL, OURENSE, RIBADEO E TUI

Presentación: Programa Rexurbe

Escoitar

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para proceder á súa rehabilitación, destinando inicialmente 2 millóns de euros no presente exercicio 2022 á adquisición dos ditos inmobles. Non obstante, os fondos destinados á adquisición de inmobles poderán incrementarse se é necesario, en virtude das dispoñibilidades orzamentarias deste Instituto. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia intervén na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, e dá continuidade á oferta iniciada en 2018.

Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convocou un concurso público para que os propietarios interesados poidan ofrecerlle en venda os inmobles da súa propiedade. O Diario Oficial de Galicia publicou o 8 de abril de 2022 a resolución pola que se acorda realizar a dita oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados, neste exercicio, nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.

Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos ámbitos delimitados dentro dos cascos vellos dos referidos concellos, que se indican na resolución publicada no DOG. Ademais, as vivendas deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:

  • Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidade.
  • Que se poida construír polo menos unha vivenda por planta con, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendas.
  • Ter un longo de polo menos catro metros e garantido o acceso a través de espazos de dominio e uso público.
  • Non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.
  • Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade, e deberán ofertarse en pleno dominio.

Como xa ocurriu na convocatoria do exercicio 2021, poderanse aceptar inicialmente, de xeito condicional, ofertas referidas a inmobles que non estean debidamente inscritos ou sobre os que pesen sancións pendentes de pagamento, ordes de execución ou derruba, e/ou calquera outra carga ou gravame que impida a construción, a rehabilitación ou, de ser o caso, a renovación do inmoble. Estas circunstancias deberán se emendadas no prazo de tramitación do procedemento.

Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.

O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme os criterios fixados na resolución, entre os que destacan a concorrencia, no seu caso, de determinadas circunstancias que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario, como son:

  1. Edificios que teñan valores arquitectónicos ou ambientais especiais que aconsellen a súa recuperación.
  2. Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea situado. •Ofertas que prevexan a recuperación dun rueiro completo de máis de tres inmobles, ou
  3. Edificios que faciliten notablemente ou fagan viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.

Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o día 15 de xullo de 2022 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como a documentación relacionada na resolución

Mon Mar 28 07:00:00 CEST 2022
  • Compartir

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para proceder á súa rehabilitación, destinando inicialmente 1,5 millóns de euros no presente exercicio 2021 á adquisición dos ditos inmobles. Non obstante, os fondos destinados á adquisición de inmobles poderán incrementarse se é necesario, en virtude das dispoñibilidades orzamentarias deste Instituto. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, e dá continuidade á oferta iniciada en 2018.

Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca un concurso público para que os propietarios interesados poidan ofrecerlle en venda os inmobles da súa propiedade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se acorda realizar a dita oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados, neste exercicio, nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.

Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos ámbitos delimitados dentro dos cascos vellos dos referidos concellos, que se indican na Resolución publicada no DOG. Ademais, as vivendas deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:

Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidade.
Que se poida construír polo menos unha vivenda por planta con, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendas.
Ter un longo de polo menos catro metros e garantido o acceso a través de espazos de dominio e uso público.
Non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.
Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade, e deberán ofertarse en pleno dominio.

Como novidade, poderanse aceptar, inicialmente, de xeito condicional, ofertas referidas a inmobles que non estean debidamente inscritos ou sobre os que pesen sancións pendentes de pagamento, ordes de execución ou derruba, e/ou calquera outra carga ou gravame que impida a construción, a rehabilitación ou, de ser o caso, a renovación do inmoble. Estas circunstancias deberán se emendadas no prazo de tramitación do procedemento.

Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.

O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme os criterios fixados na resolución, entre os que destacan a concorrencia, no seu caso, de determinadas circunstancias que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario, como son:

Edificios que teñan valores arquitectónicos ou ambientais especiais que aconsellen a súa recuperación.
Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea situado.
Ofertas que prevexan a recuperación dun rueiro completo de máis de tres inmobles,
ou
Edificios que faciliten notablemente ou fagan viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.

Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o día 9 de xullo de 2021 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como a documentación relacionada na resolución.

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.
RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2021 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.
RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Ribadavia, Ourense e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de diciembre de 2017 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.
RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2017 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal