OFERTA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE INMOBLES NOS NÚCLEOS HISTÓRICOS DA CORUÑA, FERROL, OURENSE, RIBADEO E TUI
Presentación: Programa Rexurbe
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para proceder á súa rehabilitación, destinando inicialmente 2 millóns de euros no presente exercicio 2022 á adquisición dos ditos inmobles. Non obstante, os fondos destinados á adquisición de inmobles poderán incrementarse se é necesario, en virtude das dispoñibilidades orzamentarias deste Instituto. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia intervén na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, e dá continuidade á oferta iniciada en 2018.
Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convocou un concurso público para que os propietarios interesados poidan ofrecerlle en venda os inmobles da súa propiedade. O Diario Oficial de Galicia publicou o 8 de abril de 2022 a resolución pola que se acorda realizar a dita oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados, neste exercicio, nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.
Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos ámbitos delimitados dentro dos cascos vellos dos referidos concellos, que se indican na resolución publicada no DOG. Ademais, as vivendas deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:
- Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidade.
- Que se poida construír polo menos unha vivenda por planta con, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendas.
- Ter un longo de polo menos catro metros e garantido o acceso a través de espazos de dominio e uso público.
- Non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.
- Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade, e deberán ofertarse en pleno dominio.
Como xa ocurriu na convocatoria do exercicio 2021, poderanse aceptar inicialmente, de xeito condicional, ofertas referidas a inmobles que non estean debidamente inscritos ou sobre os que pesen sancións pendentes de pagamento, ordes de execución ou derruba, e/ou calquera outra carga ou gravame que impida a construción, a rehabilitación ou, de ser o caso, a renovación do inmoble. Estas circunstancias deberán se emendadas no prazo de tramitación do procedemento.
Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.
O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme os criterios fixados na resolución, entre os que destacan a concorrencia, no seu caso, de determinadas circunstancias que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario, como son:
- Edificios que teñan valores arquitectónicos ou ambientais especiais que aconsellen a súa recuperación.
- Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea situado. •Ofertas que prevexan a recuperación dun rueiro completo de máis de tres inmobles, ou
- Edificios que faciliten notablemente ou fagan viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.
Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o día 15 de xullo de 2022 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como a documentación relacionada na resolución
- Compartir
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para proceder á súa rehabilitación, destinando inicialmente 1,5 millóns de euros no presente exercicio 2021 á adquisición dos ditos inmobles. Non obstante, os fondos destinados á adquisición de inmobles poderán incrementarse se é necesario, en virtude das dispoñibilidades orzamentarias deste Instituto. Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas, e dá continuidade á oferta iniciada en 2018.
Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca un concurso público para que os propietarios interesados poidan ofrecerlle en venda os inmobles da súa propiedade. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se acorda realizar a dita oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados, neste exercicio, nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ribadavia e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.
Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos ámbitos delimitados dentro dos cascos vellos dos referidos concellos, que se indican na Resolución publicada no DOG. Ademais, as vivendas deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:
Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidade.
Que se poida construír polo menos unha vivenda por planta con, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendas.
Ter un longo de polo menos catro metros e garantido o acceso a través de espazos de dominio e uso público.
Non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.
Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade, e deberán ofertarse en pleno dominio.
Como novidade, poderanse aceptar, inicialmente, de xeito condicional, ofertas referidas a inmobles que non estean debidamente inscritos ou sobre os que pesen sancións pendentes de pagamento, ordes de execución ou derruba, e/ou calquera outra carga ou gravame que impida a construción, a rehabilitación ou, de ser o caso, a renovación do inmoble. Estas circunstancias deberán se emendadas no prazo de tramitación do procedemento.
Ademais, o custe de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.
O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme os criterios fixados na resolución, entre os que destacan a concorrencia, no seu caso, de determinadas circunstancias que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario, como son:
Edificios que teñan valores arquitectónicos ou ambientais especiais que aconsellen a súa recuperación.
Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea situado.
Ofertas que prevexan a recuperación dun rueiro completo de máis de tres inmobles,
ou
Edificios que faciliten notablemente ou fagan viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.
Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o día 9 de xullo de 2021 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como a documentación relacionada na resolución.