FONDOS EUROPEOS
Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020 - Actuación 4.3.1.6 Ayudas a la rehabilitación de edificios de viviendas protegidas promovidas por el Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo, con el objeto de reducir las emisiones de carbono y el consumo energético
- Compartir
1. DESCRIPCIÓN E ÁMBITO DA ACTUACIÓN
A actuación que se pretende realizar consiste na mellora enerxética dos edificios de vivendas de protección pública promovidos polo Instituto galego de Vivenda e Solo, IGVS, mediante obras de mellora do illamento da envolvente (fachadas e/ou cubertas) e a redución das pontes térmicas, mellora das carpinterías existentes e/ou mellora das instalacións térmicas co obxecto de reducir o seu consumo enerxético e as emisións de carbono.
O ámbito de aplicación desta resolución comprende os edificios de vivendas e os conxuntos das vivendas unifamiliares protexidas promovidas polo IGVS respecto a os cales, no momento da presentación da solicitude de axuda, non transcurriran mais de vinte e cinco anos desde a data de outorgamento da súa cualificación definitiva.
2. PROCEDEMENTO E XESTIÓN DA ACTUACIÓN
A actuación estará xestionada polo IGVS, a través de axudas ás comunidades de propietarios do ámbito de aplicación co fin de fomentar a mellora enerxética destas vivendas.
A tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG) e no seu Regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (en diante, RLSG). Así mesmo, axustarase á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); á Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).
Ademais, ao tratarse dunha resolución con aplicación de fondos da Unión Europea, será de aplicación a normativa contida no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, Regulamento (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, así como o Regulamento (UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e a orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables.
3. CONDICIÓNS ESPECÍFICAS E TIPOS DAS OBRAS
1. Considéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia enerxética que supoñan a redución mínima da demanda enerxética en calefacción do edificio nun 20% e a subida dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2, consistentes en melloras do illamento térmico e/ou da carpintería da envolvente, que poderán ir acompañadas de melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.
2. Ditas actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención sempre, que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria e non teñan executado mais dun 60% do custo total dás obras.
3. Non serán subvencionables as actucións que teñan custos pagados con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria nin as que teñan pagos efectuados por un importe superior ao 60% do custo da obra con anterioridade á data da solicitude.
As obras que se consideran son aquelas que, cumprindo as condicións anteriores, consistan en:
a) Illamento das fachadas
b) Mellora das carpinterías exteriores
c) Illamento de cubertas.
d) Mellora das instalacións térmicas.
4. CRITERIOS DE PRIORIZACIÓN DE OPERACIÓNS
Con obxecto de priorizar as operacións, en base aos resultados da auditoría enerxética que terán que presentar os solicitantes das axudas para cada edificio, as solicitudes valoraranse de acordo cos criterios que a continuación se sinalan:
a) Porcentaxe de redución da demanda de enerxía de calefacción do edificio, ata 4 puntos.
Calcularanse de maneira proporcional entre todas as solicitudes, obtendo 4 puntos as que alcancen a porcentaxe máxima de redución respecto ás demais e obtendo 0 as actuacións que soamente reduzan dita demanda nun 20% .
b) Mellora na escala de certificación enerxética global de emisións de CO2, ata 1 punto.
Obterán 1 punto as solicitudes cuxas actuacións melloren mais de dúas letras.
c) Número de vivendas do edificio ou do conxunto.
Aos valores obtidos nos apartados anteriores sumaranse o valor “c”, que se calculará de acordo coa seguinte fórmula: “c”= nº vivendas/100.
5. ORZAMENTO ESTIMADO DA ACTUACIÓN
Dada a incerteza do número de solicitudes de axudas que se poden presentar, farase unha primeira convocatoria de soamente 2.500.000 euros. En función das solicitudes presentadas nesta primeira convocatoria planificaranse novas convocatorias anuais ata un total de 7.000.000,00 de euros de financiamento.
6. FINANCIAMENTO
As operacións desta actuación financiaranse no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, a taxa de cofinanciamento Feder desta actuación será do 80%, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das beneficiarias polo 20% restante.
7. INDICADORES DAS OPERACIÓNS
Os indicadores previstos no programa operativo FEDER 2014-2020 para esta actuación son:
- O indicador de produtividade asociado a esta operación é C031, número de fogares con menor consumo enerxético, sendo a súa unidade de valor “fogares” .
- O indicador de resultado é o R04X3, consumo final de enerxía en edificios e vivendas públicas, sendo a unidade de medida as toneladas equivalentes de petróleo e a súa unidade de valor de referencia Ktep
Documentos relacionados
- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019 pola que se regulan as bases das axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas por esta entidade, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre a súa convocatoria (código de procedemento VI420B).
- EXTRACTO da Resolución do 11 de abril de 2019 pola que se regulan as bases das axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas por esta entidade, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre a súa convocatoria (código de procedemento VI420B).
- 2020 - Acta da comisión de selección para a concesión de axudas, dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020
- 2019 - Acta da comisión de selección para a concesión de axudas, dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.