Volver ao contido

Portal IGVS

Reparación VPP

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Axudas
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Rehabilitación
    • Acceso á vivenda
    • Bolsas de Formación
    • Rehabilitación
    • Promoción
    • Outras axudas
  • Reparación VPP
    • Rehabilitación enerxética en edificios existentes
    • Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
    • Accesibilidade
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Reparación VPP
    • Préstamos
    • Fondo de cooperación
    • Rehabilitación barrios
    • Programa Rehaluga
volver Volver
  • Rehabilitación
    • Rehabilitación enerxética en edificios existentes
    • Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
    • Accesibilidade
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Reparación VPP
    • Préstamos
    • Fondo de cooperación
    • Rehabilitación barrios
    • Programa Rehaluga

Rehabilitación de Vivenda Pública

Axudas ás comunidades de persoas propietarias para reparación, rehabilitación e/ou adaptación de edificios de vivendas de protección pública (código procedemento VI420A)

Escoitar
Tue Jun 25 03:59:00 CEST 2024
  • Compartir

O Instituto Galego da Vivenda e Solo é o organismo autónomo encargado da realización das políticas de vivenda e solo na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación. Dentro das súas funcións está a de garantir os dereitos a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores da poboación con menos capacidade económica.

 

Co ánimo de impulsar e seguir apoiando os esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios/as destas vivendas para a adecuación dos seus edificios aos requisitos de seguridade, habitabilidade, accesibilidade e funcionalidade e de acordo co marco normativo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presidenta do citado organismo dita as resolucións polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e se abren convocatorias anuais

 

Quen pode solicitar esta axuda?

As comunidades de propietarios de edificios de vivendas de protección pública promovidas polo IGVS con mais de 10 anos de antigüidade e nos que o dito réxime extinguirase nos tres anos anteriores a data de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda previsto na convocatoria

 

Que actuacións se subvencionan?

As destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:

a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.

b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

c) Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.

d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

 

As actuacións poden estar iniciadas no momento da solicitude pero non poden estar finalizadas

 

Cal é o importe da axuda?

O 60% dos custes necesarios para a realización das obras subvencionables, dos honorarios facultativos e das taxas de licencia (IVE incluído) e ata un importe máximo resultante de multiplicar 6.000 euros polo número de vivendas do edificio.

 

Como se pode presentar a solicitude?

A través de SEDE electrónica da xunta (procedemento VI420A), xuntando cos Anexos a documentación correspondente.

 

Documentación que se debe aportar coa solicitude:

- Certificado do secretario da comunidade no que conste o acordo das obras a realizar e o nomeamento da persoa representante

- Memoria descritiva das actuacións

- Orzamento das obras que se van a realizar, os custes de honorarios e de autorizacións ou licenzas administrativas.

- Fotografías das zonas a reparar

 

Convocatoria 2025:

Resolución do 22 de abril de 2025, pola que se establecen as bases e se abre a convocatoria deste ano.

A data de Publicación no DOG núm 87 o 08/05/2025

O prazo de presentación esta aberto dende o 09/05/2025 ata o 08/07/2025

Procedemento: VI420A

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia

 

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal