Axudas
Compensación a persoas propietarias e arrendadoras
Compensación a persoas propietarias e arrendadoras ás que se refiren os artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19
- Compartir
Obxecto
Establecer as medidas necesarias para que as comunidades autónomas empreguen os fondos do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 para facer fronte ás compensacións previstas nos artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, así como establecer o procedemento que se seguirá para a presentación, tramitación e resolución das solicitudes.
Persoas beneficiarias
Persoas arrendadoras afectadas polo artigo 1 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandantes nos xuízos verbais que versen sobre reclamación de renda ou cantidades debidas polo arrendatario, ou a expiración do prazo de duración de contratos subscritos consonte á Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, que pretendesen recuperar a posesión da finca. Todos estes procedementos xudiciais deben ter sido suspendidos con carácter extraordinario e temporal ao abeiro do real decreto-lei 11/2020 no período comprendido entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de decembro de 2024 (prazo prorrogado polo Real decreto-lei 20/2022, de 27 de dicembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociaies da Guerra da Ucraína e de apoio á reconstrucción da illa de A Palma e a outras situacións de vulnerabilidade, artigo 69).
Persoas propietarias afectadas polo artigo 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandantes nos xuízos verbais nos que se substancien as demandas ás que se refiren os apartados 2º, 4º e 7º do artigo 250.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, e de denunciantes naqueles outros procesos penais nos que se substancie o lanzamento da vivenda habitual daquelas persoas que a estean habitando sen ningún título habilitante para iso. Todos estes procedementos xudiciais deben ter sido suspendidos con carácter extraordinario e temporal ao abeiro do real decreto-lei 11/2020 no período comprendido entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de decembro de 2024 (prazo prorrogado polo Real decreto-lei 20/2022, de 27 de dicembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociaies da Guerra da Ucraína e de apoio á reconstrucción da illa de A Palma e a outras situacións de vulnerabilidade, artigo 69).
Período de aplicación da compensación
O que medie entre que se acordase a suspensión extraordinaria do artigo 1 do Real decreto-lei 11/2020 ou ben a suspensión do lanzamento do artigo 1 bis do Real decreto-lei 11/2020 e o intre no que a suspensión se levante polo Tribunal ou por acadar o límite temporal do 31 de decembro de 2024 (prazo prorrogado polo Real decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflictos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da sequía, artigo 89).
Prazo de presentación de solicitudes
Dende o 10 de xuño de 2021 ata o 31 de xulio de 2025, ambos incluídos (prazo prorrogado polo Real decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflictos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da sequía, artigo 89).