Volver ao contido

Portal IGVS

Programa Avais para adquisición de vivenda

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Axudas
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Acceso á vivenda
    • Acceso á vivenda
    • Bolsas de Formación
    • Rehabilitación
    • Promoción
    • Outras axudas
  • Adquisición de vivenda
    • Adquisición de vivenda
    • Alugamento
  • Programa Avais para adquisición de vivenda
    • VI501A - Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
    • Programa Avais para adquisición de vivenda
volver Volver
  • Adquisición de vivenda
    • VI501A - Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
    • Programa Avais para adquisición de vivenda

Programa de Avais para a adquisición de vivenda (VI402B)

Escoitar
Wed Mar 19 00:01:00 CET 2025
  • Compartir

Obxecto

O Programa de avais para adquisición de vivenda ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas, que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos. O límite de idade non será de aplicación no caso de tratarse da adquisición dunha vivenda cualificada definitivamente como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

O programa xestionarase en colaboración coas entidades financeiras, con oficinas abertas ao público en Galicia, que se adhiran a el.

 

Persoas beneficiarias. Requisitos

1. Para ser persoa beneficiaria é preciso que na data de presentación da solicitude, concorran os seguintes requisitos:

  • Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Persoas estranxeiras con autorización de estancia ou residencia en España.

  • Maiores de idade e menores de 36 anos. No suposto de adquirir a vivenda por mais dunha persoa, todas elas deberán ter menos de 36 anos.

O límite dos 36 anos non será de aplicación cando se trate da adquisición dunha vivenda protexida.

  • Estar empadroado en Galicia. No suposto de adquirir a vivenda por mais dunha persoa, todas elas deberán estar empadroadas en Galicia.

  • Ingresos mínimos 2 veces o IPREM e ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. No suposto de adquirir a vivenda por máis dunha persoa, a suma dos seus ingresos non poderá superar a porcentaxe máxima de 6,5 veces el IPREM.

Os datos fiscais a ter en conta serán os correspondentes ao período impositivo con prazo de presentación vencido na data da solicitude.

Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do último IPREM publicado na data da solicitude.

2. Así mesmo, para a obtención do aval é preciso que concorran os seguintes requisitos:

  • Que a vivenda para que se outorga a garantía estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia e vaia a ser destinada a ser a residencia habitual e permanente da/s persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.

  • Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e tributos correspondentes, non supere os prezos indicados a continuación, segundo a zona territorial do concello no que se localice a vivenda:

- Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 260.000 euros.

- Concellos correspondentes á zona territorial 1: 210.000 euros.

- Concellos correspondentes á zona territorial 2: 180.000 euros.

 

3. Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia a constituír a primeira vivenda en propiedade da/s persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/s persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en territorio español agás as excepcións recollidas nas bases reguladoras.

 

Adquisición dunha vivenda protexida

  • A vivenda debe posuír a cualificación definitiva como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado na data de publicación da correspondente convocatoria.

  • Ás persoas solicitantes e demais adquirentes non lles será de aplicación o límite de idade de 36 anos,mais debe ser adquirente ou adxudicataria dunha vivenda protexida, en primeira ou sucesivas transmisións, e ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.

  • O requisito dos ingresos será o que se determine na correspondente normativa reguladora da vivenda protexida.

  • O prezo máximo de adquisición da vivenda será o previsto na cualificación definitiva.

 

Garantía

  • Ata un 20% do prezo adquisición, ou o seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor.

Cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria sexa por un importe inferior ao prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor, a garantía prestarase ata un 20% do importe da operación de financiamento con garantía hipotecaria.

  • Para a adquisición da primeira vivenda en propiedade.

  • Quedará automaticamente sen efecto no momento no que os pagamentos do principal alcancen o importe avalado.

  • Carácter finalista: o importe do préstamo avalado debe destinarse ao pagamento do prezo da vivenda financiada

 

Solicitude do aval

 

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. A solicitude, debidamente cuberta, deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.

3. Nos supostos de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, deberá presentarse unha única solicitude, na cal se identificarán todas as que pretenden actuar como compradoras.

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comprende dende o 1/04/2025 ata o 31/10/2025 e, en todo caso, no momento de esgotamento do importe máximo de avais a conceder no ano 2025, que se fixa en cinco millóns de euros.

 

Entidades financeiras adheridas ao programa

  • Abanca

  • Caixa Rural Galega

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a adquisición de vivenda, se dá publicidade ao convenio que asinarán entre este instituto e as entidades financeiras para a súa concesión e se procede á convocatoria do programa para o ano 2025 (código de procedemento VI402B).

Documentos relacionados

  • Cadro resumo axuda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal