VI501A - Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
Fri Mar 15 10:00:00 CET 2024
- Compartir
Xestión de axudas á adquisición de vivendas comprendida nalgunha das seguintes modalidades:
- Vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
- Vivendas situadas no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018).
- Vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial na data de publicación da correspondente convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 14 de febreiro ao 31 de outubro de 2024.