Adquisición
Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia (VI501A)
OBXECTIVO
As axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as seguintes tres modalidades:
-
Modalidade A: Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
-
Modalidade B: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.
-
Modalidade C: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
Prazo de presentación das solicitudes
Dende o 27/01/2025 ata o 15/10/2025.
Forma de presentación das solicitudes
Presencialmente ou electrónicamente.
Información
- SERVIZOS CENTRAIS IGVS........................981541981-981541982-981957529
- DIRECCIÓN TÉCNICA DE FOMENTO ............981957887 - 981957838
Consultas
MODALIDADE A
Requisitos dos solicitantes
- Persoas físicas maiores de idade, adquirentes dunha vivenda por contrato privado ou escritura pública.
- Menores de 36 anos na data da solicitude ou na da compra (se é anterior á publicación da convocatoria).
- Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza (no caso de estranxeiros: autorización de estancia ou residencia en España).
- Estar empadroadas na vivenda (o solicitante e a súa unidade de convivencia), no caso de que a escritura pública fose anterior á presentación da solicitude.
- Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a unidade de convivencia). Hai excepcións.
Ingresos anuais UC (Cálculo segundo datos fiscais de 2022) | Iguais ou inferiores a 3 veces IPREM 2024 (25.200€) (1) | |
Iguais ou inferiores a 4 veces IPREM 2024 (33.600 €) | Existan persoas con discapacidade distintas das indicadas no recadro seguinte. | |
Iguais ou inferiores a 5 veces IPREM 2024 (42.000€) | -Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento igual ou superior ao 33% -Discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 33% |
Requisitos das vivendas adquiridas
- Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 ou aquelas que presentasen unha solicitude ao abeiro da convocatoria de 2024 e fose denegada por esgotamento do crédito.
- Situadas en concellos de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
- Que o seu prezo de adquisición sexa igual ou inferior a 120.000 € (inclúe anexos e exclúe gastos e tributos de adquisición).
- Vivenda xa construída (tanto nova como usada).
Importe subvención
- Propietario único: Ata 10.800 € por vivenda, co límite do 20% do prezo de venda sen incluír gastos e tributos de adquisición.
- Copropiedade: a parte proporcional en función da súa porcentaxe de participación. Se todos os copropietarios cumpren os requisitos: unha solicitude por copropietario.
MODALIDADE B
Requisitos dos solicitantes
- Persoas físicas maiores de idade.
- Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).
- Ingresos anuais da unidade de convivencia iguais ou inferiores a 6,5 veces IPREM 2024 (1)
- Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a UC). Hai excepcións.
Requisitos das vivendas adquiridas
-
Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.
-
Situadas en centros históricos enunciados no anexo da Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018).
Prezo das vivendas (excluídos gastos e tributos)
Vivendas situadas nos concellos A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (2)
Vivenda: 229.920 €
Vivenda e garaxe: 248.313,60 €
Vivenda e rocho: 234.518,40 €
Vivenda, garaxe e rocho: 252.912 €
Vivendas situadas nos restantes concellos (3)
Vivenda: 197.280 €
Vivenda e garaxe: 213.062,40 €
Vivenda e rocho: 201.225,60 €
Vivenda, garaxe e rocho: 217.008 €
- Vivenda xa construída: novas, usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación.
Importe subvención
Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes
-
Vivendas non situadas nunha Área Rexurbe.
-
Vivendas adquiridas por menores de 36 anos: Ata 12.800 € por vivenda.
- Vivendas adquiridas por maiores ou igual a 36 anos: Ata 10.800 € por vivenda.
-
- Vivendas situadas nunha Área Rexurbe declarada:
- 15.000 € por vivenda independentemente da idade.
(1) IPREM 2024 = 8.400 €
(2) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior (1.916 €), computando unha superficie útil de 120m2 e sen íncluir os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.
(3) Non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia (1.644 €), computando unha superficie útil de 120m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.
MODALIDADE C
Requisitos dos solicitantes
- Persoas físicas maiores de idade.
- Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suiza ou parentesco determinado pola normativa de aplicación (no caso de estranxeiros non comunitarios: autorización de estancia ou residencia en España).
Requisitos vivendas adquiridas
- Vivendas de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
- Que conten con resolución de cualificación definitiva na data de publicación da correspondente convocatoria.
- Adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro de 2024.
Importe subvención
Límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gatos e tributos inherentes
Vivendas situadas na Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo | Menores de 36 anos | Ata 20.000 € |
Maiores ou igual a 36 anos | Ata 16.000 € | |
Vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia | Menores de 36 anos | Ata 16.000 € |
Maiores ou igual a 36 anos | Ata 12.000 € |
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Ligazóns relacionados
- Ligazón a Sede elctrónica da Xunta de Galicia - Procemento Vi435A
- DOG número 31, do 13 de febreiro de 2024. Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (Código de procedemento VI501A).