Axudas a particulares e comunidades de propietarios para rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas
Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal (VI408O, VI408P e VI408Q)
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Compartir
Entre as actuación de rehabilitación que xestiona o IGVS ten especial relevancia a figura das áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) supramunicipais.
De acordo co previsto no artigo 52 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá declarar ARI, de oficio ou por solicitude dos concellos, un ámbito que afecte diferentes municipios que respondan a criterios de proximidade xeográfica, características arquitectónicas e problemáticas similares, sempre que exista un nexo de unión entre os devanditos ámbitos, xa sexa de carácter histórico, xeográfico, cultural ou ambiental, que motive que deba ser tratado como un conxunto.
Estas ARI xestiónanse directamente polo IGVS e actualmente hai 3 declaradas:
- ARI dos Camiños de Santiago, declarada o 17 de decembro de 2010 e ampliada o 12 de abril de 2019
- ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, declarada o 23 de xaneiro de 2019
- ARI da Ribeira Sacra, declarada o 21 de febrero de 2020
Prazo de presentación CUALIFICACIÓNS: ABIERTO
31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional das actuacións abrirase o día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de novembro de 2025.
2. A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.
3. Sen prexuízo do anterior, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, poderase pechar o prazo para a presentación das solicitudes de cualificación provisional e cualificación definitiva, en atención ao financiamento dispoñible. A resolución de peche do prazo de presentación de solicitudes publicarase no DOG e na páxina web do IGVS.
Prazo de presentación CONVOCATORIA AXUDAS:
27/01/2025 00:00 - 27/02/2025 23:59
Será requisito necesario para poder solicitar a axuda estar en posesión da cualificación definitiva.