De interese
Durante o mes de xullo de 2022 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio de Galicia, especialmente en zonas das provincias de Lugo e Ourense, que afectou, entre outros bens, a vivendas. Para facerlles fronte, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 22 de xullo, o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.
No artigo 7 do citado decreto indícase que serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios nas vivendas, nas súas instalacións complementarias e no enxoval doméstico.
Estas axudas están destinadas a reparar os danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados dos citados incendios que non queden cubertos polos seguros ou outras axudas.
Este programa de axudas está previsto no Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, regulado no Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro e ten por obxecto facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.
Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivenda. As citadas bases foron modificadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 3 de febreiro).
Axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU