AXUDAS
COVID 19. Medidas en materia de vivenda habitual. Alugueiro
- Compartir
PRÓRROGA DO CONTRATO DE ALUGAMENTO
Requisitos
A prórroga é aplicable a contratos de arrendamento da vivenda habitual que rematen entre o 2 de abril de 2020 e o día en que se cumpran dous meses dende a finalización do estado de alarma
Duración
Ata seis meses
Condicións
Durante esta prórroga extraordinaria seguirán aplicándose os termos e condicións establecidos para o contrato en vigor, salvo que se fixen outros termos ou condicións por acordo entre as partes.
APRAZAMENTO DO PAGO DA RENDA DE ALUGUEIRO OU REDUCCIÓN DO IMPORTE
Para a vivenda habitual pódese solicitar unha moratoria que consistirá no aprazamento temporal e extraordinario no pago de da renda ou na redución do importe da mesma.
Requisitos
O inquilino ten que cumprir os dous requisitos seguintes:
1) Que o obrigado a pagar o alugueiro, como consecuencia do Covid-19, pase a estar en situación de:
- Desemprego
- Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE)
- Xornada reducida por motivo de coidados, no caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares.
Sempre que a nova situación supoña a perda substancial de ingresos de maneira que o conxunto dos ingresos da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da moratoria, sexan inferiores a:
| Número de veces o IPREM |
Con carácter xeral | 3 |
Este límite incrementarase nos seguintes supostos:
| Número de veces o IPREM | Incremento |
Unidades familiares con fillos | 3 | 0,10 por fillo a cargo |
Unidades familiares monoparentais con fillos | 3 | 0,15 por fillo a cargo |
Unidades familiares con maiores de 65 anos | | 0,10 por maior de 65 anos |
Unidades familiares con discapacitados nos supostos establecidos no Real Decreto | 4 | 0,10 por fillo a cargo ou 0,15 por fillo a cargo no caso de familias monoparentais |
Que o obrigado ao pago do alugueiro teña algunha discapacidade incluída nos supostos establecidos no Real Decreto | 5 | - |
2) Que o prezo do alugueiro máis os gastos e subministros básicos resulten superiores ou iguais ao 35 por cento dos ingresos netos do conxunto de membros da unidade familiar.
Gastos e subministros básicos: electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, servizos de telecomunicación fixa e móbil, contribucións á comunidade de propietarios. Sempre correspondentes á vivenda habitual e que corresponda pagar ao arrendatario.
Solicitude
A solicitude de aprazamento do pago do alugueiro debe presentarse ao propietario da vivenda ata o 2 de maio de 2020.
Resposta á solicitude
O propietario da vivenda deberá responder á solicitude no prazo máximo de sete días.
- Se o propietario da vivenda é unha persoa física ou xurídica propietaria de máis de dez vivendas ou unha empresa ou entidade pública de vivenda, a aplicación da moratoria é automática. No prazo de sete días o propietario terá que comunicar cal das dúas opcións seguintes escolle:
- Redución do 50% do alugueiro.
Aplicarase durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.
O tempo máximo será de catro meses.
- Aprazamento do pago do alugueiro durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.
O tempo máximo será de catro meses.
As mensualidade aprazadas pagaranse, fraccionadas, durante un período de polo menos tres años, a partir del momento en que se levante o estado de alarma ou do remate do prazo de catro meses antes citado, sempre dentro da vixencia do contrato de arrendamento e as súas prórrogas.
Non se aplicarán penalizacións nin xuros.
- Se o propietario da vivenda non está incluído no grupo anterior, deberá comunicar ao inquilino, no prazo de sete días, as condicións de aprazamento ou de fraccionamento aprazado da débeda ou as posibles alternativas que propón en relación coas mesmas.
No caso de que o propietario non acepte ningún acordo sobre o aprazamento do pago, o inquilino poderá beneficiarse das axudas de financiamento se cumpre os requisitos.
Documentación necesaria
- Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
- Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
- Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
- Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
- Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
- Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
-
- Titularidade dos bens: nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar. A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org
-
Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei. No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.
AXUDA TRANSITORIA DE FINANCIAMENTO
Regulada pola Orden TMA/378/2020, de 30 de abril, publicada no Boletín Oficial do Estado do 1/05/2020. Tamén se pode atopar información na web do Instituto de Crédito Oficial (ICO).
Préstamo
A axuda consiste nun préstamo, concedido por unha entidade financeira, para o pago do alugueiro.
Destinatarios
Os inquilinos que se atopen en situación de vulnerabilidade sobrevida como consecuencia da expansión do COVID-19
Importe
Como máximo o importe de seis meses de alugueiro
Xuros
Non haberá xuros nin gastos de ningún tipo
Prazo
O prazo para a devolución do préstamos será ata de seis anos.
Aval
Os préstamos terán o aval do Estado.
AXUDAS AO ALUGUEIRO
O Real Decreto prevé axudas ao alugueiro para arrendatarios de vivenda habitual que, como consecuencia do COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do alugueiro e encaixen nos supostos de vulnerabilidade económica e social que se determinen.
A Orde TMA/336/2020, de 9 de abril (BOE 11/4/2020), establece estas axudas, que deberán ser convocadas polas comunidades autónomas.
Destinatarios
Persoas físicas, arrendatarias de vivenda habitual, que acrediten estar en situación de vulnerabilidade económica e social sobrevida a consecuencia do COVID-19.
Importe
Ata o 100 por cento da renda, co límite que se determine.
Prazo
Ata seis meses
Convocatoria
Corresponde ás comunidades autónomas realizar a convocatoria.
Prazo de solicitude
Ata 15 días despois do mes seguinte á finalización do estado de alarma
Gastos
Os gastos son por conta da entidade prestamista.