REHABILITACIÓN
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A)
Mon Jun 10 00:00:00 CEST 2024
- Compartir
Obxecto
Convocar, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el.
A quen vai dirixido?
Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística o 1 de xaneiro de 2024.
Requisitos
- Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan o 25 % do total do importe con que está dotado o Fondo de cooperación establecido na Resolución do 20 de setembro de 2016. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o dito límite.
- O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder os oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
- A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do 30 de setembro de cada ano.
- O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.