Fondo de cooperación para rehabilitación
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (VI438A).
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
Fri May 23 00:00:00 CEST 2025
- Compartir
Trátase dun fondo dirixido a apoiar o financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído, por medio de préstamos sen intereses que serán reintegrados polos concellos nas condicións e prazos fixados na correspondente convocatoria.
Está dirixido aos concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos tomarase como referencia as última cifras oficiais do parón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Gallewgo de Estatística ao 1 de xaneiro de 2025.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 02/06/2025 ata o 15/10/2025