Volver ao contido

Portal IGVS

Detalle

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Detalle
    • Galería de imaxes
volver Volver
  • Actualidade
    • Galería de imaxes
Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero: solicitude ata o 13 de decembro
Últimos días para solicitar as subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios de vivendas

A Xunta promove a construción e rehabilitación de vivendas para alugueiro con novas axudas por importe de 10,6 millóns de euros

Escoitar

O Diario Oficial de Galcia convoca hoxe dúas liñas de axudas para fomentar a promoción de vivendas para alugueiro e tamén as destinadas a maiores de 65 anos e persoas con discapacidade

Poderán solicitalas os promotores, públicos ou privados, de vivendas de nova construción ou rehabilitadas que se destinen ao alugueiro a prezo regulado durante un prazo mínimo de 25 ou 40 anos

A axuda poderá acadar os 400 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda, segundo a área xeográfica na que se empracen 

VIVENDAS PARA ALUGUEIRO

VIVENDAS PARA ALUGUEIRO

Thu Jan 01 01:00:00 CET 1970

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019.- A Xunta de Galicia destinará case 10,6 millóns de euros (10.564.800 euros) a fomentar a promoción de vivendas destinadas ao alugueiro por medio de axudas aos promotores das mesmas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas resolucións polas que se convocan axudas para a promoción de vivendas en alugueiro e axudas para a promoción de vivendas en alugueiro destinadas a maiores de 65 anos e persoas con discapacidade. Esta é a primeira vez que se convocan este tipo de subvencións que teñen por finalidade rehabilitar vivendas e poñer a disposición dos cidadáns vivendas en réxime de aluguer con mensualidades asequibles. 

Axudas ao alugueiro con carácter xeral 
A Resolución que regula as axudas á promoción de vivendas en alugueiro con carácter xeral establece que as mesmas poden chegar ata 350 euros por metro cadrado. As vivendas deberán destinarse ao alugueiro durante un prazo mínimo de 25 anos a persoas e familias con ingresos que non superen 4,5 veces a contía do Iprem, inda que no caso de familias numerosas e persoas con determinadas discapacidades os ingresos máximos poderán chegar a 5 veces o Iprem. 

Poderán recibir estas axudas os promotores das vivendas, tanto públicos como privados, así como cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social, organizacións non gubernamentais, etc., que cumpran os requisitos establecidos. 

As axudas poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como ás procedentes de rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro de 2019 e o inmoble conte con, polo menos, cinco vivendas. 

A normativa que rexe estas axudas, así como a convocatoria das mesmas para 2019, foron publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia e establecen dúas contías de axuda en función dos ingresos dos futuros inquilinos das vivendas. 

A convocatoria de 2019 publicada hoxe no DOG, dispón dunha dotación económica de 5.778.400 euros para as anualidades 2019 a 2021. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e durante o prazo de dous meses. 

Axudas para maiores e persoas con discapacidade 
As vivendas financiadas con cargo a este programa unicamente poderán ser alugadas ou cedidas en uso ás persoas maiores de 65 anos ou a persoas con discapacidade (coas súas familias en caso de persoas tuteladas), cuxos ingresos, incluídos os de todas as persoas que constitúan a súa unidade de convivencia, non superen cinco veces o Iprem. Ademais, os inquilinos non poderán dispoñer, no momento de habitar a vivenda, de vivenda propia ou en usufruto e o seu patrimonio, para os efectos da Lei do imposto sobre o patrimonio, deberá ser inferior a 200.000 euros. 

Poderán recibir estas axudas os promotores das vivendas, tanto públicos como privados, así como cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social, organizacións non gubernamentais, etc., que cumpran os requisitos establecidos. 

As axudas poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como ás procedentes de rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro de 2019 e o inmoble conte con, polo menos, oito vivendas. 

Ademais, os inmobles deberán dispoñer dunhas instalacións e servizos comúns que deberán de incluír como mínimo asistencia social, atención médica básica 24 horas dispoñible e próxima, limpeza e mantemento, dispositivos e sistemas de seguridade, restauración, actividades sociais, deportivas, de ocio e culturais, así como de terapias preventivas e de rehabilitación. O deseño dos espazos garantirá a adecuación e a accesibilidade para o seu uso por persoas maiores ou, no seu caso, de persoas con discapacidade. 

O importe máximo das axudas será de 400 euros por metro cadrado útil de vivenda e non se terán en conta nin o garaxe nin o rocho. A contía máxima desta subvención non poderá superar o 40 por cento do investimento da actuación. 

A convocatoria de 2019 publicada hoxe no DOG, dispón dunha dotación económica de 4.786.400 euros para as anualidades 2019 a 2021. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e durante o prazo de dous meses.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal