Volver ao contido

Portal IGVS

Detalle

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Detalle
    • Galería de imaxes
volver Volver
  • Actualidade
    • Galería de imaxes
01/01/1970
REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN
A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para actuacións de rehabilitación de competencia municipal e para adquisición de inmobles para rehabilitar

Os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán solicitar o financiamento dende mañá ata o 1 de outubro de 2019

 A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
 A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
 A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
 A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
A Xunta destina con 6,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes para accións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído
Nome do vídeo 1
Nome do vídeo 1

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019.- A Xunta pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un orzamento de 6,4 millóns de euros para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se realiza a convocatoria para o presente exercicio do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos comezará mañá e rematará o 1 de outubro de 2019 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario.

O obxectivo deste Fondo de cooperación é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que podan dispoñer dunha vivenda digna e axeitada.

Neste sentido, o Fondo contribuirá a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios das vivendas desatendan as súas obrigas. Nestes caso a normativa vixente permite aos concellos actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas, pero moitos concellos non exercen o seu dereito por non dispoñer do financiamento necesario, ao que agora poderán acceder, con xuro cero, a través deste Fondo de cooperación.

A través deste Fondo de cooperación, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) concederá préstamos sen xuros aos concellos para realización de diversas obras de rehabilitación de edificacións, co compromiso das administración locais de devolver as cantidades percibidas.

Con cargo ao fondo de cooperación poderán financiarse as seguintes actuacións:

  • Actuacións promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
  • Actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
  • Adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

Os concellos interesados en solicitar financiamento do Fondo de cooperación deberán solicitar do IGVS a sinatura dun acordo de adhesión a dito Fondo no que constarán as actuacións a realizar polo concello, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e demais condicións para o acceso ao fondo.

Ningún concello poderá realizar unha solicitude de disposición nin acumular a través de diferentes acordos de adhesión máis do 25 % do total do importe co que esta dotado o fondo. Ademais, o concello solicitante deberá atoparse ao corrente das súas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia e comprometerse a incluír nos orzamentos dos exercicios seguintes, con cargo aos ingresos correntes, as anualidades previstas no acordo para a reposición dos fondos.

O Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes está dotado cun importe de 10 millóns de euros procedentes das fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida. As cantidades devoltas polos concellos pasarán a integrarse novamente no Fondo para que podan ser reutilizadas en novos préstamos.

Nas convocatorias de 2017 e 2018 concedéronse préstamos por importe de 3,78 millóns de euros aos concellos de Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Xunqueira de Ambía, Ponteareas, Ribeira e Boiro para a rehabilitación e adquisición de diversas construcións.

Normativas relacionadas
  • RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de axudas destinadas ao Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.
Documentos relacionados
  • Prueba documento interno
Ligazóns relacionados
  • Áreas de rehabilitación ARI

Contactos relacionados

  • Nome Departamento
  • Email: correo@igvs.xunta.gal
  • Teléfono: 888 888 888
Área: Axudas ;Rehabilitación ;Vivenda
Para ti: Cidadanía ;Concellos
Tipo contido: ;Nova
Tipo información: ;Nova
01/01/1970
Conclue a tramitación ambiental do proxecto de urbanización na ampliación de Navia (nova propia do IGVS)

A delegada territorial en Vigo informa que o órgano ambiental determina que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario sometelo a avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Agora corresponderalle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda continuar coa tramitación, a través do IGVS en calidade de promotor do proxecto.

Recorda que a intervención abarca 265.000 metros cadrados para a construción de 1.600 vivendas protexidas, ademais de zonas verdes e de aparcamento e carril bici

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe de que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC) vén de formular o informe de impacto ambiental (IIA) correspondente ao proxecto de urbanización dos polígonos 1, 2 e 3 do Plan Parcial de San Paio de Navia, no Concello de Vigo.

Destacou así os avances no proxecto de ampliación do barrio que abrangue 265.000 metros cadrados para a construción de 1.600 vivendas protexidas, ademais de zonas verdes (23.000 metros cadrados), prazas de aparcamento (1.200) e 2,2 quilómetros de carril bici.

Segundo apuntou, logo de realizar unha avaliación ambiental simplificada da iniciativa, o órgano ambiental conclúe que non son previsibles efectos significativos da intervención sobre o medio ambiente e, polo tanto, tampouco se considera necesario sometela a avaliación de impacto ambiental ordinaria. Esto supón unha maior axilidade no avance do proxecto.

Polo tanto, agora corresponderalle continuar coa tramitación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo como promotor e órgano substantivo do proxecto.

O informe emitido pola DXCASCC pon fin á tramitación ambiental e permitirá seguir avanzando na execución da ampliación do barrio de San Paio de Navia, co inicio da comercialización das primeiras parcelas, de maneira que as empresas e cooperativas que se fagan cos terreos poderán arrancar definitivamente coa edificación das 1.600 vivendas públicas, anotou Fernández-Tapias.

A delegada sinalou que aos 265.000 metros cadrados quedan aínda por incorporar algo máis de 85.000 pola vía da expropiación que xa está en marcha. Unha adquisición para a que, dixo, se reservan 10 millóns de euros. De forma paralela, indicou, avanzarase no proceso de urbanización dos terreos, para acondicionar e facilitar a instalación de servizos básicos na zona.

Así, anunciou que esta previsto licitar este ano as obras de urbanización do coñecido como polígono 1, para dar paso á posta a disposición das parcelas para construír as vivendas. Unha fase á que se adicaran 8 millóns de euros dos preto de 40 millóns que a Xunta investirá no barrio de Navia.

Fernández-Tapias non perdeu ocasión de lamentar o atraso nesta ampliación para a que foi precisa unha modificación del plan parcial urbanístico que estivo parada preto de dous anos polo Goberno local de Vigo.

E neste contexto, a representante autonómica puxo en valor o esforzo inversor do Executivo galego en materia de vivenda pública na cidade de Vigo, para a que se reservan 12,5 millóns de euros para este 2021. Así, recordou que á partida de 8 millóns para a construción de 1.600 vivendas en Navia de promoción pública, se suman 3,8 millóns de euros para continuar co intenso labor de rehabilitación da Xunta no casco vello, que ve duplicado o seu investimento con respecto ao actual exercicio; e os 1,34 millóns que se destinan á construción das 62 vivendas de promoción pública que a Xunta está a finalizar nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas -a inversión en conxunto alcanza os 8,42 millóns de euros-.

Área: ;Solo residencial ;Vivenda
Para ti: Cidadanía ;Concellos ;Empresas e profesionais
Tipo contido: ;Nova
Tipo información: ;Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal