Rehabilitación
ACTUACIONS PROPIAS - NÚCLEOS RURAIS EN ESTADO DE ABANDONO
Que é Núcleos Rurais en estado de Abandono?
- Compartir
A Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, presta unha especial atención aos núcleos rurais en estado de abandono, coa proposta de formas de actuación que posibiliten a súa rehabilitación, mediante un procedemento público de venda ou alugamento, rexistros municipais e unha plataforma informática, a nivel autonómico, para a difusión dos anteditos procedementos (artigo 62 e seguintes).
A través desta aplicación quere darse cumprimento ao previsto na citada lei poñendo a disposición dos concellos unha ferramenta que posibilite a difusión dos procedementos públicos de venda ou alugamento dos inmobles dos núcleos rurais declarados en estado de abandono para que as persoas propietarias, directamente ou a través de representante ou intermediario inmobiliario, podan ofertar os seus inmobles.
A intervención do IGVS é unicamente divulgativa, sen que teña participación nin responsabilidade algunha na información publicitada nin na tramitación dos procedementos de venda ou alugamento.