A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Fisterra
Thu Oct 30 17:27:48 CET 2025
- Compartir
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Fisterra, Luís Insua. Na reunión tamén estivo a directora territorial de Vivenda da Xunta na Coruña, Begoña Freire.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.
Área: Vivenda
Para ti: Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova