Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, supervisou o inicio dos traballos

A Xunta suma un novo edificio de 20 vivendas públicas en Navia, o terceiro con técnicas industrializadas

Escoitar

Allegue destaca que 92 das 293 vivendas públicas agora en construción en Navia están executándose con técnicas industrializadas

Do total do investimento no novo inmoble, 4,7M€, a Xunta asume o 78% do custe con fondos propios, mentres que o restante son fondos MRR

A conselleira subliña que a Xunta avanza cara a un modelo de construción pública máis eficiente, sostible e moderno, baseado nestas técnicas

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pon en valor o investimento previsto para Vigo nos novos orzamentos do 2026, con 100M€ só en materia de vivenda

Thu Oct 30 15:35:10 CET 2025
  • Compartir

Vigo, 30 de outubro de 2025

A Xunta vén de iniciar as obras do terceiro edificio que se constrúe con técnicas industrializadas no polígono de San Paio de Navia, en Vigo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe o inicio dos traballos deste inmoble, no que se invisten 4,7M€, dos que o 78% son fondos propios da Xunta e o resto fondos MRR.

O novo edificio contará con 20 vivendas de promoción pública, distribuídas en tres plantas. Delas, 4 serán de 2 dormitorios, 13 de 3 habitacións (unha delas adaptada) e 2 de 4 dormitorios.  

Trátase, como destacou a conselleira, do terceiro inmoble en obras en Navia no que se primaron as técnicas industrializadas xa no proceso de licitación. En total, subliñou,  xa están en construción 92 vivendas con estas técnicas en Navia, do total de 293 fogares que están xa en obras, e está a piques de iniciarse outro novo inmoble de 16 vivendas.

Allegue subliñou que a Xunta segue a avanzar cara a un novo modelo de construción pública máis eficiente, sostible e moderno, baseado nestas técnicas industrializadas, co barrio de Navia como exemplo desta aposta.

O novo edificio terá estruturas prefabricadas de formigón e aceiro, fachadas modulares lixeiras e módulos industrializados para as zonas húmidas, isto é, cociñas e baños, que xa veñen con todas as pezas sanitarias incluídas, incluída a grifería. Este modo de fabricación permite reducir prazos, minimizar residuos e garantir unha maior calidade e control durante a execución.

A conselleira sinalou que en Galicia son xa 397 as  vivendas con técnicas industrializadas en marcha en diferentes fases de execución, das cales 337 se atopan en Navia, outras 40 en Xuxán (A Coruña) e 20 en Mos. “Amosa -engadiu- o compromiso da Xunta coa modernización do sector da construción pública, situando a Galicia á vangarda en todo o Estado. Con proxectos coma este, demostramos que é posible facer vivenda pública de calidade, rápida, sostible e tecnoloxicamente avanzada”.

Orzamentos 2026

Allegue destacou o investimento sen precedentes que a Xunta está a plasmar en Vigo, con 248M€ comprometidos, dos que 134M€ xa están en execución, incluíndo 15,6M€ procedentes de fondos europeos. Están planificadas na cidade 5.300 vivendas, en Navia e nos ámbitos do Ofimático e Ramón Nieto.

Recalcou que este compromiso está reflectido nos orzamentos da Xunta para o 2026 para a cidade de Vigo, nos que ten consignados 107M€ en materia de vivenda e infraestruturas, dos que case 100M€ son para vivenda.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal