Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou do inicio das obras dun novo edificio de vivendas protexidas na Parcela C1 de Garabolos, Lugo

A Xunta inicia as obras dun novo inmoble para 76 vivendas de promoción pública en Lugo

Escoitar

O Goberno galego fai un investimento total no edificio de 15,8M€, dos que máis dun 76% son fondos propios

O inmoble, de 76 fogares, disporá de 12 vivendas de 2 dormitorios, 55 de 3 estancias e 9 fogares de 4 dormitorios

Polo menos o 40% das vivendas destinaranse en exclusiva ao alugueiro para menores de 36 anos

A conselleira anuncia que no mes de agosto coñecerase a proposta gañadora do concurso de ideas para a recuperación do entorno do pazo de Dona Urraca

Allegue explicou que a Xunta xa ten en marcha 600 vivendas de promoción pública na cidade, e máis de 2.200 en toda Galicia

Fri Jul 18 13:58:46 CEST 2025
  • Compartir

Lugo, 18 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, anunciou hoxe o inicio das obras dun novo inmoble no barrio lucense de Garabolos, para 76 vivendas de promoción pública. O investimento total no edificio ascende a 15,8M€, dos que máis dun 76% son fondos propios. O inmoble atópase na Parcela C1, na avenida Paulo Fabio Máximo, e dos 76 fogares, 12 vivendas serán de 2 dormitorios, 55 de 3 estancias e 9 fogares de 4 dormitorios. Tamén albergará 76 prazas de garaxes e 76 rochos.

M. Allegue destacou que o novo inmoble “é unha mostra máis do compromiso total do Goberno galego coa cidade de Lugo, cun modelo de cidade sostible e inclusiva, pensado para as persoas, para as familias e para os máis novos”, e anunciou que polo menos o 40% das vivendas destinaranse en exclusiva ao alugueiro para menores de 36 anos.

A conselleira salientou que a Xunta ten en marcha en Lugo 600 vivendas de promoción pública, incluíndo os 50 aloxamentos compartidos e temporais na parcela de Illa Coelleira, e máis de 2.200 en toda Galicia. E salientou que no mes de agosto coñecerase a proposta gañadora para a redacción do plan especial da UI-8 para a recuperación e posta en valor do pazo de Dona Urraca, e a rehabilitación e construción de inmobles no entorno.

M. Allegue resaltou que a Xunta está a traballar ao máximo rendemento para atallar o problema do acceso á vivenda en Lugo e en toda Galicia, en contraposición ao desleixo do Goberno central. A conselleira lamentou que “a Xunta sigue agardando recibir información sobre o novo Plan Estatal de Vivenda para acadar máis fondos, máis recursos e as liñas de traballo para os vindeiros anos”.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal