Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no municipio de Vilalba

Escoitar

Wed Feb 12 14:42:41 CET 2025
  • Compartir

Lugo, 12 de febreiro de 2025

A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no concello de Vilalba. O inmoble está situado na rúa da Roxeira, ten unha superficie duns 65 metros cadrados e conta con dous dormitorios, praza de garaxe e rocho.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á nova adxudicataria do inmoble e lembrou que para optar ás vivendas de promoción pública autonómica hai que inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. As solicitudes poden efectuarse a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

“Unha das prioridades do Goberno galego é facilitar o acceso a un fogar ás persoas que o demandan e o necesitan, e con ese fin estamos a impulsar unha serie de proxectos e iniciativas, como é a posta a disposición dun parque público de vivendas en alugueiro da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para os colectivos e unidades familiares con maiores dificultades de acceso”, explicou Arias.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal