Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, participou hoxe na reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia que se celebrou na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Xunta e entidades sociais alíanse na difusión e promoción do Bono alugueiro social

Escoitar

O observatorio da Vivenda de Galicia reúne a 12 entidades e organizacións vinculadas co traballo e o impulso de medidas destinados á cidadanía en risco de exclusión social en Galicia

Mon Feb 10 15:51:21 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela 10 de febreiro de 2025

O Observatorio da Vivenda de Galicia celebrou a primeira xuntanza da recentemente creada sección social, co obxecto de analizar as valoracións, por parte das entidades participantes, do Bono de alugueiro social impulsado pola Xunta destinado aos colectivos máis vulnerables. Ademais, nesta cita o IGVS busca unha maior implicación destas organizacións na difusión do Bono entre os colectivos máis desfavorecidos.

Na reunión participaron, en concreto, representantes da Dirección Xeral de Inclusión social, a Dirección Xeral de Loita contra a violencia de Xénero, a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego da Arquitectura Técnica, o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, o Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria, a EAPN (Red europea contra la pobreza), Provivenda, Cáritas e Cruz Vermella.

A sección social encargarase de debater as posibles melloras do Bono de Alugueiro Social, que facilita o acceso á vivenda a colectivos desfavorecidos, con axudas do cen por cento do custe do arrendamento.

O Bono Alugueiro Social ten como obxecto facilitar o acceso á vivenda en alugueiro ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e  outros colectivos especialmente vulnerables. O importe mensual da axuda poderá chegar ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento e tamén contempla axudas complementarias para fianza e alta en subministracións, ou cantidades pendentes vinculadas co aluguer. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal