A delegada da Xunta na Coruña asiste ao inicio de obra dun novo edificio de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán
- Compartir
A Coruña, 5 de febreiro de 2025
A delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, asistiron ao inicio de obra dun novo edificio de promoción pública no barrio de Xuxán de 50 vivendas no que se prevé investir máis de 10,8 millóns de euros, dos que case 2,5 millóns euros serán de fondos europeos, grazas ao convenio asinado entre a Xunta, o Concello e o Ministerio para a asignación de ditos fondos, concedidos polo Goberno autonómico na convocatoria de axudas a promotores públicos para o cofinanciamento da construción de vivendas protexidas.
A Xunta de Galicia é a principal promotora de vivenda pública neste barrio, xa que contará, en total, con catro edificios de promoción propia que ofrecerán 144 vivendas, e traballa co sector privado para poder seguir incrementando a oferta de vivendas a prezos asequibles. En Xuxán, o Goberno galego xa adxudicou a dúas cooperativas varias parcelas en dereito de superficie otras 256 viviendas protexidas.