Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no municipio de Chantada

Escoitar

Wed Jan 15 15:30:31 CET 2025
  • Compartir

Chantada (Lugo), 15 de xaneiro de 2025

A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro situada na rúa Daniel Vázquez Boo, no concello de Chantada. O inmoble ten unha superficie duns 40 metros cadrados e conta cun dormitorio.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á persoa adxudicataria, que pagará unha renda mensual en función dos seus ingresos. Lembrou ademais que para optar ás vivendas de promoción pública autonómica hai que inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. As solicitudes poden efectuarse a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial, nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

“Seguimos a cumprir cunha das prioridades do Goberno galego, que é facilitar o acceso a vivenda aos galegos, mediante os programas de axudas para a adquisición dun inmoble, ou en réxime de alugueiro, grazas aos inmobles do parque público da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas”, sinalou Arias.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal