Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, informou das actuacións que está a impulsar o Goberno galego en Navia

A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 46 vivendas de promoción pública en Navia, en Vigo, cun investimento de 9,6M€

Escoitar

Allegue explicou que este inmoble, cuxo remate se prevé mediados do vindeiro 2026, está financiado maioritariamente con fondos propios da Xunta, que achega 7,3M€

Lembrou que este novo edificio se suma ao inmoble de 40 vivendas públicas que a Xunta comezou o pasado mes de decembro, cun orzamento de 8,5M€

Avanzou que en marzo comezarán as obras de 38 vivendas públicas e agarda que o Concello outorgue as licenzas para iniciar outros 2 edificios, sumando 77 vivendas máis

Indicou que o Goberno galego, a través da Estratexia de solo residencial, desenvolverá o ámbito do Ofimático que permitirá a construción de 2.300 vivendas

Puxo en valor o obxectivo da Xunta de duplicar o parque público de vivenda en Galicia nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000, destacando que en 9 meses xa están en torno a 1.700 vivendas en distintas fases de execución

Declaracións da conselleira

Wed Jan 15 13:51:16 CET 2025
  • Compartir

Vigo, 15 de xaneiro de 2025

A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 46 vivendas de promoción pública en Navia, en Vigo, cun investimento de 9,6M€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, informou hoxe destas actuacións, que teñen un prazo de 18 meses e cuxo remate se prevé mediados do vindeiro 2026.

Allegue remarcou que este inmoble de 5 plantas se executa con fondos maioritariamente da Xunta, pois do orzamento global - 9,6M€ - un total de 7,3M€ son achega autonómica e o resto, fondos europeos.

Lembrou que este novo edificio se suma ao inmoble de 40 vivendas públicas que a Xunta comezou o pasado mes de decembro, cun orzamento de 8,5M€.

Subliñou que o Goberno galego ten en Navia varios proxectos en marcha, en concreto, son catro os bloques de edificios licitados e primando as técnicas industrializadas. Detallou que estes contratos están a piques de adxudicarse.

Concretou que en Navia están en marcha 755 vivendas públicas e investimentos que superan os 111M€.

Avanzou que en marzo botarán a andar as obras de 38 vivendas públicas que xa contan con licencia e agarda que o Concello de Vigo non demore o outorgamento das pendentes presentadas, o que permitirá comezar os outros dous edificios que xa teñen adxudicada a súa execución, sumando así outras 77  vivendas máis.

Apuntou que entre o mes de abril e o de maio, a urbanización do polígono 1 estará finalizada.

Neste sentido, sinalou que a Xunta prevé que a mediados deste ano se estean construíndo máis de 180 vivendas e teranse xa adxudicados eses contratos que restan para que o nivel de traballo neste ámbito avance.

Enmarcou este esforzo técnico e financeiro da Xunta en Navia no obxectivo de duplicar o parque público de vivenda en Galicia, ata chegar ás 8.000, pois en 9 meses xa están en torno a 1.700 vivendas   en distintas fases de execución.

Estratexia de solo residencial

A estas vivendas en Navia cómpre sumar as que se poidan construír nos ámbitos que se desenvolverán en Vigo a través da Estratexia de solo residencial. Trátase do ámbito do Ofimático que permitirá a construción de 2.300 vivendas.

Ademais estanse analizando outros 4 ámbitos dos que en febreiro se agarda ter concluídos os estudos de viabilidade: Barrios Carballa Salgueira; A Bouza-Florida-Balaídos; Millareira-Da Garita e Avda. Europa-Pertegueiras-Pista-Robaleira.

A conselleira fixo fincapé en que a área urbana de Vigo contará con máis de 9.000 vivendas, o 80% protexida.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal