Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

Rueda salienta que a nova Sociedade de Vivenda Pública de Galicia permitirá avanzar nos retos marcados neste eido

Escoitar

A sociedade autorizada hoxe polo Consello da Xunta ten o obxectivo de promover 2.350 vivendas públicas ata 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo IGVS acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura

Neste sentido a Xunta ten xa  máis de 1.600 vivendas en distintas fases de execución

Pola súa banda, a Consellería de Economía e Industria pasa a asumir a tutela funcional de Xestur, que continuará xestionando o solo industrial na comunidade

A nova sociedade disporá do solo residencial, actualmente titularidade de Xestur, de tal xeito que poderá iniciar a  construción de  vivendas de promoción pública de xeito inmediato

Ademais, disporá do solo obxecto de cesión polo IGVS ou polos concellos. Unha vez sexan redactados os proxectos de edificación correspondentes, executará as obras e entregará as vivendas aos adxudicatarios

A escisión ten a súa orixe na nova estrutura do Goberno galego e na previsión de actuacións para os vindeiros anos, en que se incrementará significativamente tanto a actividade de vivenda como a de solo empresarial, o que fai recomendable, co obxecto de garantir a súa viabilidade económico-financeira, a separación das actividades ata o de agora desenvolvidas de forma conxunta por Xestur

Mon Nov 11 15:41:00 CET 2024
  • Compartir

Noia (A Coruña), 11 de novembro de 2024

O Consello da Xunta autorizou hoxe a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, nacida da escisión de Xestur e que desenvolverá vivenda pública na nosa Comunidade. Segundo salientou o titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, esta nova sociedade permitirá “axilizar toda a tramitación e a xestión que permita tanto dispoñer de chan para vivenda como construír estas vivendas”, avanzando así nos “retos importantes que temos marcados en materia de vivenda pública nesta lexislatura”.

Así, Rueda lembrou “esa liña que estamos seguindo de aposta decidida por promocionar a vivenda pública tanto de promoción autonómica como de protección pública en Galicia”, lembrando que xa se teñen dado importantes pasos, como “triplicar xa no ano 2025” o orzamento ata chegar os 126 millóns, reducir á metade o prazo de tramitación do solo dedicado a vivenda protexida, ou subir os limiares de renda “para que máis xente poida acceder e verse beneficiada das políticas públicas de promoción de vivenda.

Ata o de agora, a actividade de Xestur concretábase na promoción e xestión de solo empresarial e na promoción e xestión de solo residencial incluíndo, neste último caso, a edificación e promoción de vivendas. 

Xestión de Solo de Galicia, Xestur, estaba adscrita á consellería competente en materia de xestión e desenvolvemento de solo empresarial e residencial (antiga Consellería de Territorio, Medio Ambiente e Vivenda), e estaba tutelada funcionalmente polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo.

Na nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, aprobada polo Decreto 49/2024, do 22 de abril, o IGVS adscríbese á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, con competencias en materia de vivenda; as competencias en materia de solo empresarial traspásanse á Consellería de Economía e Industria, que pasa a asumir a tutela funcional de Xestur.

Polo tanto, cómpre separar o patrimonio e as actividades ata o de agora desenvolvidas de forma conxunta por Xestur, de xeito que pase a posuír o patrimonio e desenvolver, de forma única, as actividades relacionadas co solo empresarial, e que a actividade de vivenda e solo residencial pase a unha sociedade de nova creación.

Neste proceso de división de actividades e patrimonio, os actuais socios de Xestur manterán as mesmas cotas de participación, tanto na propia Xestur como na nova sociedade de vivenda.

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia ten o obxectivo de promover 2.350 vivendas públicas ata el 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo IGVS acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura. Neste sentido a Xunta ten xa  máis de 1.600 vivendas en distintas fases de execución

Para este reto, a sociedade disporá do solo residencial actualmente titularidade de Xestur, de tal xeito que poderá iniciar a  construción de  vivendas de promoción pública de xeito inmediato. 

Ademais, disporá do solo  obxecto de cesión polo IGVS ou polos concellos. Unha vez que sexan redactados os proxectos de edificación correspondentes, executará as obras e entregará as vivendas aos adxudicatarios.

 

Área: Solo empresarial ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal