Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A Xunta somete a información pública a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Beariz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

Escoitar

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do inicio deste tramite durante dous meses, a contar desde hoxe

Trátase dun instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ourensán ofrecer capacidade de acollida residencial e económica

Wed Nov 06 12:54:37 CET 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas somete a información pública a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Beariz. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio deste tramite para dotar o concello deste instrumento eficaz de ordenación do territorio.

Trátase dun  instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ourensán ofrecer capacidade de acollida residencial e económica.

No que se refire á tramitación, tras a resolución de aprobación inicial o pasado día 22 de outubro, o documento sométese a información pública durante dous meses, a contar a partir de hoxe, e solicitaranse todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva.

O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 946 habitantes, clasifica un ámbito de solo urbano consolidado, denominado solo urbano de Beariz; e en canto a núcleos rurais, delimita 21 nun total de 3 parroquias.

O documento tamén categoriza solo rústico de protección ordinaria e solo rústico de especial protección forestal, das augas, de infraestruturas, patrimonial, paisaxístico e de espazos naturais.

Ademais o Plan cataloga ata 520 elementos que se corresponden con Bens de Interese Cultural (1) ou Bens Catalogados a nivel arqueolóxico (71), arquitectónico (420) e etnolóxico (28).

Plan Básico Municipal

A Xunta está a promover os Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes, como o caso de Beariz, que non contan con planeamentos xerais.

O obxectivo é dotar estes municipios dunha ferramenta que permita impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible.

Área: Solo residencial
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal