Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A Xunta licita por preto de 510.000 euros a redacción de proxectos para a construción de 75 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

Escoitar

Trátase do contrato de redacción e dirección de obra de novas vivendas, garaxes, rochos e locais na parcela 10 deste polígono, de 2.243 m2 de superficie

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o vindeiro 25 de novembro para presentar as súas ofertas

A Xunta segue a traballar pola vivenda de promoción pública neste barrio da cidade que, coa licitación de hoxe, permite ter en marcha xa 369 novas vivendas en Ferrol

Fri Oct 11 14:34:34 CEST 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou hoxe os contratos para a redacción de proxectos para a construción de 75 vivendas de promoción pública (VPP) no Bertón, no concello de Ferrol.

Estes traballos, licitados por un importe de 508.408 euros, ten por obxecto a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 75 vivendas protexidas, garaxes, rochos e locais na parcela 10 do polígono do Bertón, de 2.243 m2 de superficie, urbanizada a través da sociedade de Xestión do Solo de Galicia-Xestur Galicia.

As empresas interesadas nestes contratos poden presentar ofertas ata o vindeiro día 25 de novembro.

Esta contrato amosa a aposta pola vivenda de promoción pública neste barrio da cidade que, coa licitación  de hoxe, permite ter en marcha xa 369 novas vivendas en Ferrol, en distintas fases de desenvolvemento.

Así, nestas últimas foron licitados os contratos de redacción de proxectos para a construción doutras 116 vivendas nas parcelas 14 e 15 do Sector PP1-R deste mesmo polígono  por un investimento de case 915.000 euros.

Ademais, a Xunta ten licitada a redacción dos proxectos doutras 178 vivendas de promoción pública que se construirán no Bertón. Dese total, en agosto adxudicouse a redacción dos proxectos de 54 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 27 cada unha. E o pasado 16 de setembro licitouse a redacción dos proxectos doutras 124 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 75 e 49 vivendas, respectivamente.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal