Volver ao contido

Portal IGVS

Novas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Mantemento-portal
  • Listados
  • Novas
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese
volver Volver
  • Listados
    • Normativa
    • Novas
    • Actuacións (temas de tipo info - plans/actuacións)
    • Tema de interese

A Xunta licita os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos da Coruña, Ourense e Mos

Escoitar

Estes contratos, licitados por 140.346 euros, son complementarios dos contratos para executar 50 vivendas na parcela Z-38, no barrio coruñés de Xuxán; a construción de 64 vivendas na praza de Cambedo de Raia, na cidade de Ourense; e a execución dun edificio para 20 vivendas no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello pontevedrés de Mos

As empresas interesadas nestes servizos, que se divide en tres lotes, teñen de prazo ata o vindeiro 4 de outubro para presentar as súas ofertas

O departamento que dirixe M. Allegue traballa na mellora da situación do mercado da vivenda e a Estratexia de vivenda pública e protexida co obxectivo de duplicar o parque publico ata as 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres

Fri Aug 23 15:02:29 CEST 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela 23 de agosto de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, licitou hoxe os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos de Coruña, Ourense e Mos.

Estes servizos, licitados por 140.346 euros, son complementarios aos contratos de tres actuacións xa licitadas nestes municipios. En concreto, trátase da execución de 50 vivendas de promoción pública nos terreos localizados na parcela Z-38, no barrio de Xuxán, na cidade da Coruña; a construción de 64 vivendas de promoción pública na praza de Cambedo de Raia, na municipio de Ourense; e as obras de construción dun edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello pontevedrés de Mos.

A Xunta a través destes contratos, que se divide en tres lotes, un por cada unha das obras a executar, ten como obxectivo o seguimento do control de calidade do desenvolvemento das obras ao ritmo de execución das mesmas, xa que terá a mesma duración que estas.

As empresas interesadas nestes contratos teñen de prazo ata o vindeiro 4 de outubro para presentar as súas ofertas.

As obras previstas

En concreto, a Xunta destinará máis de 11M€ á construción de 50 vivendas destinadas ao alugueiro na súa totalidade no caso da nova promoción pública na parcela Z-38, no barrio de Xuxán, na Coruña. Esta nova promoción emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.600 m2 e o inmoble disporá de tres plantas subterráneas, onde se sitúan os garaxes, rochos e espazos para as instalacións, e dunha planta baixa, onde se localizan os portais de acceso ás vivendas, locais comerciais e locais de instalacións comúns.

No caso da construción das 64 vivendas de promoción pública na praza de Cambedo de Raia, en Ourense, a Xunta destina un investimento de 13,17 M€ á execución desta futura promoción, que estará formada por 4 bloques illados, de planta baixa e 3 alturas, con aproveitamento baixo cuberta para rochos e instalacións. Contará ademais das 64 vivendas con 81 prazas de garaxe (3 delas accesibles) e 64 rochos.

Os inmobles habilitaranse sobre unha parcela de algo máis de 3.000 m2 resultado da agrupación das parcelas 5, 6 e 7 da unidade de execución denominada polígono 1 do Sector Urbano SU-48 do PXOM. Estas parcelas foron previamente mercadas pola Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, á Sareb, por un importe de máis de 1 M€.

As obras de construción do edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello de Mos, contan cun investimento de máis de 4,1M€.  O futuro edificio contará cunha planta de soto, planta baixa e tres plantas altas. Das citadas 20 vivendas, unha será adaptada, e o inmoble contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos. A nova promoción pública neste municipio pontevedrés localízase na parcela 702 do polígono 52 do Barrio San Eleuterio-Tameiga.

Aposta pola vivenda protexida

O departamento que dirixe María Martínez Allegue mantén o seu compromiso para reforzar o parque residencial de toda Galicia. Ademais, a Xunta segue avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas, e 5.000 libres.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal