Volver ao contido

Portal IGVS

Consultas mais frecuentes

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Edificación e calidade
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Edificación
    • Edificación
    • Control de Calidade na Edificación
    • Construción de vivendas en alugueiro social
    • Radón
    • Informe de Avaliación de edificios
    • Premios arquitectura
  • Normativa do habitat
    • Código ténico da edificación
    • Normativa do habitat
    • Base de Datos da Construcion
    • Eficiencia e sustentabilidade
    • Edificaciones promovidas por IGVS
  • Consultas mais frecuentes
    • Consultas mais frecuentes
volver Volver
  • Normativa de Habitabilidade
    • Consultas mais frecuentes

Habitabilidade

Escoitar
Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
  • Compartir

Almacenamento:

1 (59) Estou redactando o proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar composta por unha edificación principal e unha edificación adxectiva (separada da edificación). Como a superficie da vivenda é moi xusta, pensaba incorporar na edificación adxectiva unha zona de tendal, lavadoiro, e o almacenamento xeral da vivenda. Segundo o apartado I.A.2.1.c) as dependencias que conforman as vivendas deberán estar comunicadas entre si a través de espazos pechados de uso exclusivo dos seus moradores... ¿quere isto dicir que a zona de almacenaxe debe estar obrigatoriamente dentro da edificación principal co resto das estancias ou quere dicir que as dependencias se comunicarán a través da propia parcela pero hai posibilidade de que estean en edificacións diferentes?

A vivenda deberá albergar o programa mínimo dentro da edificación principal e con acceso dende o interior de ésta, exceptuándose desta obriga o espazo para tendal nas vivendas unifamiliares, que pode dispoñerse na parcela, sempre que se cumpran unha serie de requisitos (I.A.3.2.2.7.e). O almacenamento xeral e o persoal deben estar no interior da vivenda, forman parte do programa mínimo da mesma (I.A.3.2.2.2., I.A.3.2.2.2.).

Non confundir rocho (I.B.4.a)...espacios de almacenamento independentes das vivendas pero situados no propio edificio) con almacenamento xeral. O rocho na vivenda unifamiliar debe ser un elemento anexo á vivenda (artigo 7º), e inseparable dela (I.B.4-b), con acceso dende un lugar que non forme parte da superficie útil do programa mínimo de vivenda e os seus espazos de comunicación (I.A.3.1.2-j). Este acceso debe estar no interior do edificio (I.B.4.a), entendendo como parte deste -no caso de vivenda unifamiliar- o espazo da propia parcela urbanizado e inmediato á vivenda.

 


2 (59) Seguindo co espazo de almacenamento: se teño un soto nunha vivenda unifamiliar ¿podería ubicar o almacenamento xeral nunha zona dese garaxe (cunha separación física ou non) ou tería que estar obrigatoriamente nunha zona de corredor independente?

Seguindo o apartado I.A.3.2.2.3 Almacenamento xeral: ...deberá disporse nos espazos de comunicación da vivenda, ou en recinto independente con acceso desde estes espazos de comunicación. O almacenamento forma parte do programa mínimo da vivenda, ao contrario que o garaxe, que é un anexo, como o rocho. Cumprirá os requisitos do apartado mencionado.

Debido ás características especiais das vivendas unifamiliares, entendemos que o acceso ao almacenamento xeral pode realizarse tanto dende os espazos de comunicación da propia vivenda como dende o garaxe ou outros espazos do edificio, sempre que quede garantida a comunicación polo interior do mesmo entre o almacenamento e os espazos da vivenda propiamente dita.


3 (64) A superficie mínima de almacenamento persoal das estancias ¿débese localizar obrigatoriamente no interior de cada unha das mesmas ou pode compensarse o déficit de superficie de almacenamento dunha estancia co aumento da superficie mínima da outra?. É dicir, a superficie a destinar a almacenamento persoal nunha vivenda se computa de xeito local ou global?. Caso concreto: dous dormitorios de superficie maior de 12 m2, superficie de almacenamento: 2x1,20 m2. ¿Sería válido que nun dos dormitorios se reservasen 0,90 m2 e no outro 1,50 m2, ou debe estar localizada a superficie mínima en cada unha das estancias indicadas?

A superficie de almacenamento persoal dunha vivenda compútase como se indica no apartado: I.A.3.2.2.2.a) das NHV, é dicir:

  1. a) Agás a estancia maior, as outras estancias disporán dun espazo para almacenamento persoal cunha superficie mínima en planta de 0,80 m 2 en estancias de menos de 12 m 2 e de 1,2 m 2 en estancias de 12 ou máis m 2, cunha altura mínima de 2,20 m, un fondo mínimo de 0,60 m e un fondo máximo de 0,75 m.
  2. b) Estes espazos de almacenamento persoal poderán estar situados nunha zona específica destinada a vestidor ou nos espazos de comunicación da vivenda. A súa superficie mínima poderá deducirse da das estancias a efectos do cumprimento das superficies mínimas previstas na Táboa 1.
  3. c) Os espazos de almacenamento persoal non poderán invadir o cadrado base definido no apartado I.A.2.2. Cando estean delimitados por tabiques, estes non se considerarán aos efectos da redución do largo mínimo da estancia.

Como se deduce do anterior, o almacenamento dun dormitorio, non se pode situar dentro da superficie doutro dormitorio distinto, aínda que si se pode extraer do dormitorio correspondente cara outros espazos: vestidores ou espazos de comunicación.

 

4 (53) Almacenamento xeral: se o espazo de almacenamento xeral pode dispoñerse nun recinto independente ¿como se compaxina esta posibilidade coa profundidade máxima de 0,75 m.?¿un recinto de 1 m. x 1 m. cumpre?

A profundidade máxima é unha das condicións que debe cumprirse nos espazos de almacenamento (I.A.3.2.2.3.a), independentemente da situación dos mesmos. No teu caso, un espazo de 1m. x 1m. daría como resultado un espazo de almacenamento xeral de 1 m. x 0,75 m. de profundidade máxima, o que non cumpriría coa superficie mínima. Deberá ser, polo menos, de 0,75 m. de profundidade e de 1,33 m. de largo para cumprir a superficie mínima de almacenamento xeral (1 m 2)

 

5 (57) Estamos desenvolvendo un proxecto de vivenda colectiva e temos as seguintes dúbidas sobre os espazos de almacenamento:

-Se temos un salón pasante (ao que se lle aumentou a superficie en 2 m 2 por este motivo) ¿pódese colocar aí o almacenamento xeral?.

O almacenamento xeral -e o persoal no caso de deducirse dos dormitorios- (I.A.3.2.2.2. b) e I.A.3.2.2.3.b)) deberá estar nos espazos de comunicación da vivenda ou nun espazo destinado a ese uso (vestidor no caso do persoal ou recinto independente con acceso dende espazos de comunicación no caso do almacenamento xeral ou da suma de ambos).

 

-O almacenamento xeral pode agruparse co almacenamento persoal segundo a normativa ¿quere isto dicir que poderiamos ter un espazo de almacenamento xeral de, p.e.: 0,50 m 2 se o conxunto do almacenamento suma a superficie mínima designada pola normativa?

Non, as estancias (agás a maior) deberán ter unha superficie de almacenamento persoal mínima, que poderá extraerse fóra da habitación ou agregarse á de almacenamento xeral, pero non disgregarse en partes que acaben resultando inútiles para o seu cometido. Só no caso de agrupar ambos os dous almacenamentos nun recinto fóra das estancias, con entrada desde as zonas de comunicación, a superficie se distribuirá de xeito máis flexible, tendo en conta a forma do recinto, pero mantendo a superficie total necesaria por normativa.

-¿Pódense agrupar os espazos de almacenamento persoal? e dicir: ¿poderíamos ter un armario de menos de 1,20 m 2 nun dormitorio de 12 m 2 se a superficie total de almacenamento suma a superficie mínima designada pola normativa?

Non. A superficie de almacenamento persoal é un mínimo que pode estar situado nos dormitorios ou fóra deles, pero non se contempla nas NHV a súa disgregación, posto que é unha superficie para un uso concreto. O que si se contempla é a agregación

Documentos relacionados

  • Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago
  • Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia
  • Correción de erros do Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal