Axudas para promotores a construción de vivendas en alugueiro social
Axuda a construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia financiado pola Unión Europea NextGEU, para promotores públicos e privados (código procedemento VI406J)
- Compartir
A Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que é o organismo encargado da xestión dos programas do citado real decreto, ao abeiro do artigo 4 do devandito real decreto, con data 10 de marzo de 2022 notificou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a aceptación da transferencia de crédito no contexto do Programa 6 de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, correspondentes á anualidade 2022.
En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a presidenta mediante as resolucións correspondentes, convoca estas axudas co obxectivo de incrementar o parque de vivendas de Galicia para alugueiro social.
Quen pode solicitar esta axuda?
Poderán ser beneficiarias do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social os concellos e as empresas e entidades privadas que resulten adxudicatarias dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio xurídico análogo sobre terreos de titularidade pública, no marco dun procedemento de concorrencia competitiva.
Que actuacións se subvencionan?
A construción de edificios enerxéticamente eficientes, de acordo cos requisitos establecidos no artigo 60 do Real Decreto 853/2021, co obxecto de adicar as súas vivendas a alugueiro social ou a prezos asequibles durante 50 anos.
Cal é o importe da axuda?
O importe da axuda será de 700 euros por m2 de superficie útil de vivenda ata un máximo de 50.000 euros por vivenda.
Como se pode presentar a solicitude?
A través de SEDE electrónica da xunta (procedemento VI406J), xuntando cos Anexos a documentación correspondente.
Documentación que se debe aportar coa solicitude:
- Memoria – programa que defina a actuación que se pretende financiar e que s¡xustifique a súa viabilidade técnica e económica.
- Proxecto, anteproxecto ou proposta arquitectonica na que se indiquen os materiais e solucións constructivas de baixo impacto que se pretenden utilizar.
- Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe en nome da solicitante.
- Anexo II, Declaración do cumplimento do principio de non causar perxuízo significativo ao medio ambiente (DNHS)
- Anexo III, Declaración do compromiso de cumplimento dos principios trasversais establecidos no PRTR
- Anexo IV, Declaración de cesión de datos en relación coa execución e actuación do PRTR
No caso de que o solicitante sexa un concello:
- Certificado do acordo municipal de solicitar esta axuda
No caso de empresas ou entidades:
- Documento que acredite que son adxudicatarios ou solicitantes dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio análogo.
- Certificado do órgano competente que os terreos son de titularidade pública e destinaranse a incrementar o parque público de vivendas en alugueiro social por un prazo non inferior a 50 anos.
Convocatoria 2023:
Prazo de presentación dende o 8/02/2023 ata o 6/10/2023
Prazo de execución e xustificación das actuacións: ata 30/06/2026