Volver ao contido

Portal IGVS

Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Aluguer
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas
volver Volver
  • Alugueiro de vivenda
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas

Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

Escoitar

Prazo de presentación de solicitudes : Do 13 de abril ao 11 de decembro de 2020

17/11/2008
  • Compartir

No Diario Oficial de Galicia do 24 de abril de 2019 publicouse a Orde do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Considerando as especificidades desta axuda, tanto no relativo ao seu financiamento, como á duración anual da subvención e ao volume previsto de solicitudes, estimouse oportuno crear unha liña específica, dentro do Programa do bono de alugueiro social, destinada a axudas ao alugamento de vivendas para as persoas vítimas de violencia de xénero, dando cumprimento ao previsto no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Polo exposto, no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 2020 publicouse a Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Persoas beneficiarias

As subvencións do Programa do bono de alugueiro social con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero están destinadas a atender as seguintes unidades de convivencia:

a) As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.

Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.

b) As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

Os requisitos que deben cumprir estas unidades de convivencia para acceder ás axudas son os establecidos no artigo 3 da citada Orde, que pode ser consultada no apartado “Ligazóns relacionadas” desta mesma páxina.

Poderán ser beneficiarias da prórroga da axuda prevista no artigo 8 das bases reguladoras aquelas persoas que, resultando beneficiarias desta axuda e non tendo perdido o dereito mediante a oportuna resolución, finalicen o seu período de desfrute durante o ano 2020 e cumpran os requisitos previstos no ordinal 5º.3 da resolución de convocatoria.

Contía das axudas

As axudas consisten en bonos de alugueiro social cunha contía de 175€, 200€ ou 225€ mensuais, segundo a localidade onde estea situada a vivenda sobre a que se subscriba o contrato de arrendamento.

A axuda ten carácter anual, de maneira que cada unidade de convivencia só poderá percibir unha subvención de 12 bonos mensuais consecutivos, pero será susceptible, no caso de que se prevexa na correspondente convocatoria, dun máximo de dúas prórrogas ordinarias sucesivas, de 12 meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de 36 meses.

Poderase solicitar unha axuda complementaria de 600€ para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións.

Normativas relacionadas

ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Reslución do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D).

Documentos relacionados

  • Modelo declaración responsable-concesión directa. Bono alugueiro social vvx

Ligazóns relacionados

  • VI482C-Sede electrónica: Bono vvx
  • VI482D-Sede electrónica: Prórroga Bono vvx

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal