- Inicio
- Áreas
- Vivenda
- Realoxos
-
Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
-
Realoxos
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
Realoxos
Convenios de colaboración con entidades financeiras
- Compartir
O IGVS asinou convenios de colaboración con varias entidades financeiras coa finalidade de solucionar as necesidades residenciais de persoas afectadas por execucións hipotecarias. Os convenios asináronse con Abanca o 6 de xullo de 2015, Caixa Rural Galega o 7 de xullo, e Banco de Sabadell en setembro de 2015, e previsiblemente se adherirán máis entidades.
Estes convenios teñen un dobre obxecto:
Posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria instados pola propia entidade
As entidades financeiras comprométense a poñer en coñecemento do IGVS todos os casos de execucións hipotecarias nos que estea autorizado xudicialmente o lanzamento, dirixidas contra persoas físicas ás quen non lles resulten de aplicación as medidas contidas na lexislación estatal de protección de debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social.
Asemade, as entidade de crédito comprométense a non facer efectivo o lanzamento ata que se acade unha solución que permita a permanencia da familia afectada na vivenda que viñan ocupando como vivenda habitual e permanente.
Os afectados poderán permanecer na vivenda durante o prazo dun ano, prorrogable ata un máximo de tres anos pagando un alugueiro mensual que non superará os 75 euros e deberán asumir os gastos de mantemento das condicións de habitabilidade da vivenda.
Para acollerse a esta medida os afectados deberán cumprir dúas condicións:
a) Que se trate da execución hipotecaria da única vivenda da unidade familiar e que ao mesmo tempo constitúa a residencia habitual e permanente do debedor hipotecario.
b) Que os ingresos ponderados da unidade familiar non sexan superiores a 4 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM). Para a ponderación seguirase o seguinte baremo, en función do número de mebros que a integran:
Número de membros da unidade familiar Ingresos máximos €/ano Número de veces Iprem 1 11.182,71 1,50 2 14.910,28 2,00 3 18.637,85 2,50 4 22.365,42 3,00 5 26.092,99 3,50 6 29.820,56 4,00
Entenderase por unidade familiar aos efectos do establecido no apartado anterior os seguintes:
- Si fose unha persoas, deberá ser necesariamente o debedor hipotecario.
- A unidade familiar de dúas ou máis persoas deberá estar composta polo debedor hipotecario, e no seu caso polo seu cónxuxe ou parella de feito inscrita, e parentes economicamente dependentes, que sexan ascendentes ou descendentes directos.