Volver ao contido

Portal IGVS

Entidades e Laboratorios

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Edificación e calidade
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Control de Calidade na Edificación
    • Edificación
    • Control de Calidade na Edificación
    • Construción de vivendas en alugueiro social
    • Radón
    • Informe de Avaliación de edificios
    • Premios arquitectura
  • Entidades e Laboratorios
    • Control de Calidade
    • Distintivo de calidade DCOR
    • Entidades e Laboratorios
    • Plan ensaios interlaboratorios
volver Volver
  • Control de Calidade na Edificación
    • Control de Calidade
    • Distintivo de calidade DCOR
    • Entidades e Laboratorios
    • Plan ensaios interlaboratorios

CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Entidades e Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade na Edificación

Escoitar
Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
  • Compartir
Son entidades de control de calidade da edificación aquelas capacitadas para prestar asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, dos materiais e da execución da obra e as súas instalacións de acordo co proxecto e a normativa aplicable. Para o exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha declaración responsable na que se declare que cumpre cos requisitos técnicos esixidos regulamentariamente ante o organismo competente da Comunidade Autónoma na que teña o seu domicilio social ou profesional.
Son laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación os capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a realización de ensaios ou probas de servizo dos materiais, sistemas ou instalacións dunha obra de edificación. Para o exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha declaración responsable por cada un dos seus establecementos físicos dende os que presta os seus servizos na que se declare que estes cumpren cos requisitos técnicos esixidos regulamentariamente, ante os organismos competentes da Comunidade Autónoma correspondente.
 
Son obrigas das entidades e dos laboratorios de control de calidade:
a) Prestar asistencia técnica e entregar os resultados da súa actividade ao axente autor do encargo e, en todo caso, ao responsable técnico da recepción e aceptación dos resultados da asistencia, xa sexa o director da execución das obras, ou o axente que corresponda nas fases de proxecto, a execución das obras e a vida útil do edificio.
b) Xustificar que teñen implantado un sistema de xestión da calidade que define os procedementos e métodos de ensaio ou inspección que utiliza na súa actividade e que contan con capacidade, persoal, medios e equipos axeitados
 
Requisitos para o exercicio da actividade
Co obxecto de exercer a súa actividade, as ECCE e os LECCE deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Presentar a declaración responsable correspondente ante o IGVS, xunto co xustificante do pago de taxas relativas á declaración responsable, establecidas no anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade autónoma de Galicia.
b) Cumprir os requisitos xerais, técnicos e de calidade establecidos para a realización dos ensaios e as probas de servizo nos que vaian a prestar a súa asistencia de acordo co Anexo II do Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos esixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade.

O órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia para a verificación, o control e a inspección das ECCE e dos LECCE, así como para a recepción da declaración responsable que lles habilita para o exercicio da súa actividade e as consecuencias administrativas derivadas da mesma é o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Normativas relacionadas

Real Decreto 410/2010, de 31 de marzo, por el que se desarrollan los requisitos exigibles a las entidades de control de calidad de la edificación y a los laboratorios de ensayos para el control de calidad de la edificación, para el ejercicio de su actividad.
DECRETO 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente.

Documentos relacionados

  • Rexistro xeral de laboratorios
  • Rexistro xeral de Entidades para o Control da Calidade na Edificación
  • Relación de ensaios e probas de servizo que podan realizar os laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación para a prestación da súa asistencia

Ligazóns relacionados

  • RELAGA - Rexistro de entidades e laboratorios
  • Aplicación de laboratorios e entidades
  • Formulario ECCE VI476A para Declaración Responsable de Entidades
  • Formulario LECCE VI476B para Declaración Responsable de Laboratorios
  • Tarifa Vixente Tasas (31.22.03)
  • Formulario Tasas
  • Rexistro Xeral de Entidades e Laboratorios do CTE

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal