Volver ao contido

Portal IGVS

Control de Calidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Edificación e calidade
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Control de Calidade na Edificación
    • Edificación
    • Control de Calidade na Edificación
    • Construción de vivendas en alugueiro social
    • Radón
    • Informe de Avaliación de edificios
    • Premios arquitectura
  • Control de Calidade
    • Control de Calidade
    • Distintivo de calidade DCOR
    • Entidades e Laboratorios
    • Plan ensaios interlaboratorios
volver Volver
  • Control de Calidade na Edificación
    • Control de Calidade
    • Distintivo de calidade DCOR
    • Entidades e Laboratorios
    • Plan ensaios interlaboratorios

CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Control de calidade na edificación

Escoitar

O IGVS ten asignada pola Lei da súa creación, entre outras, a función da inspección e as competencias en materia de control de calidade da edificación. As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación.

Neste sentido xa o Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra. Este mesmo Decreto outórgalle ao IGVS a facultade inspectora, de oficio ou por instancia de parte, para calquera obra en execución que se atope en Galiza.

Fri Jun 11 14:59:00 CEST 2021
  • Compartir

A calidade na edificación

A lei de ordenación da edificación que regula o proceso da edificación, establece no artigo 3.2 que o Código Técnico da Edificación será o marco normativo regulador das exixencias básicas de calidade dos edificios e das súas instalacións. Así tamén establece, no seu artigo 13 quen é o axente da edificación encargado de controlar a calidade do edificado e, no seu artigo 14 establece que son as entidades e os laboratorios os axentes capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a verificación e mediante a realización de ensaios, da calidade da edificación.

 

Plan de control de calidade na edificación

De acordo co Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo polo que se aproba o código técnico da edificación (CTE), na parte 1ª, o proxecto deberá contar co plan de control da obra redactado nun documento anexo á memoria cunha relación valorada dos ensaios, probas, ou verificacións que conteña en función do tipo de materiais, dos sistemas construtivos e das instalacións especificadas no proxecto. O CTE, desenvolve no seu Anexo I, artigo 6, as condicións dos proxectos, entre as cales deben figurar as relativas a “Verificacións e probas de servizo, que no seu caso deban realizarse para comprobar as prestacións finais do edificio”.

 

O plan de control de calidade especificará as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades da obra integrantes do proxecto, de conformidade coas disposicións xerais vixentes de obrigado cumprimento, e cos criterios que adopte o redactor do proxecto redactadas na memoria e na descrición nas partidas correspondentes do orzamento nun documento a parte: “ANEXO CONTROL DE CALIDADE”, que formará parte do proxecto. Este documento incluirá unha memoria e unha relación valorada dos ensaios, probas, ou verificacións que conteña en función do tipo de materiais, dos sistemas construtivos e das instalacións especificadas no proxecto. O código Técnico da Edificación e o documento que regula as exixencias básicas de calidade, así como o control para

O artigo 7.2 do RD 314/2006, do 17 de marzo, establece a necesidade de documentar o proceso de control de calidade realizado no transcurso das obras, sinalando no apartado 4 a sistemática do control e desenvolto no artigo 7 do CTE

 

Comisións de calidade da edificación

O IGVS, como órgano competente da comunidade autónoma participa como membro da CICE (Comisión de infraestruturas de calidade da edificación) e SACE (Subcomisión de calidade da edificación) que asisten ao Comité da Calidade de Edificación creado polo Real Decreto 315/2006 de 17 de marzo.

 

Nestas comisións créanse diferentes grupos de traballo: CTE e normativa, Xestion do control de calidade, Vida útil do edificio, Formato de intercambio de datos e Infraestruturas para a calidade da edificación.

 

As funcións principais de estas comisións son:

  •  Elaborar propostas para definir estratexias, políticas e medidas en materia de sostibilidade, innovación e calidade da edificación.
  •  Informar os proxectos normativos do Goberno sobre a materia.
  •  Promover a adaptación das disposicións regulamentarias en materia de edificación ás decisións, recomendacións e orientacións da Unión Europea e outras organizacións internacionais.
  •  Impulsar a realización de estudos e informes en materia de sostibilidade, innovación e calidade da edificación.
  • Promover a creación de bases de datos de información e de estatísticas necesarias para a mellor toma de decisións nestes ámbitos.
  • Propiciar a coordinación das actuacións das Administracións Públicas e dos axentes da edificación en materia de fomento da innovación, a sostibilidade e a calidade da edificación.
  • Realizar o seguimento da aplicación da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.
  • Impulsar o desenvolvemento e a permanente actualización do Código Técnico da Edificación (en diante, CTE), en atención á evolución da técnica e necesidades da sociedade

Normativas relacionadas

DECRETO 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente
LEI 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.(«BOE» 266, do 6-11-1999.)

Documentos relacionados

  • Decreto 232/1993 polo que regula o control de calidade na edificación
  • Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación
  • Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenrolan os requisitos exisibles ás entidades de control de calidade da edificación e a os laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da sua actividade

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal